Sacarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
completo a caixa
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎A polémica: ligazón
Liña 63:
A sacarina non é [[mutáxeno|mutáxena]]. O seu efecto na [[vexiga]] das [[rata]]s prodúcese mediante unha irritación continua deste órgano debido ós cambios na composición global da urina que, entre outros efectos, dan lugar a cambios no [[pH]] e a formación de precipitados minerais. O ataque continuo ten como resposta a proliferación celular para reparar os danos, e nalgúns casos esta proliferación queda fóra de control e da lugar á produción de tumores. É interesante constatar que o efecto de formación de precipitados na urina das ratas se debe en gran parte ou na súa totalidade ó sodio que contén a sacarina, xa que a forma libre ou o sal de calcio non producen este efecto.
 
A sacarina non é pois [[carcinóxeno|carcinóxena]] por si mesma, senón a través do seu efecto como desencadeante dunha agresión fisicoquímica á vexiga da rata, que induce a proliferación celular. Con concentracións na dieta (as utilizadas realmente polas persoas) nas que non exista absolutamente ningunha posibilidade de que se produza esta agresión á vexiga, o risco non será moi pequeno, senón simplemente nulo.
Estudos epidemiolóxicos levados a cabo en USA, Gran Bretaña, Xapón, Dinamarca, en persoas que consumían sacarina dende facía moitos anos, non encontraron unha incidencia de cancros máis elevada que na poboación normal.