Célula nai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m DRAG
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
Nun individuo adulto tamén hai células nai, que son capaces de diferenciarse para xerar novos tecidos. Na súa maioría atópanse na [[medula ósea]] e na [[pel]], e escasamente noutros tecidos. Así, as células nai adultas son específicas dun tecido. Nun principio pensouse que só poderían xerar células do seu mesmo tecido. Por exemplo, unha célula nai da medula ósea poderá crear [[glóbulo vermello|glóbulos vermellos]] do sangue, mais non poderá crear unha [[neurona]]. Mais estudos recentes demostraron que non é así, xa que se poden obter células sanguíneas a partir de células nai neuronais <ref>http://www.ecojoven.com/uno/05/celulasm.html</ref>, e cada día descóbrense máis casos debido ás continuas investigacións.
 
O feito de que as células nai adultas teñan unha potencialidade maior da que se pensaba abre novos camiños á investigación en canto a [[terapia xénica]] e biomedicina, posto que é máis doado traballar con células adultas que con células embrionarias. Ademais, as leis de moitos países sobre a manipulación de embrións humanos limitan o avance neste campo.
 
== Emprego de células nai ==