Georgian Public Broadcaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Liña 31:
 
== Historia ==
As primeiras emisións de [[Radio (medio de comunicación)|radio]] en Xeorxia comezaron o [[23 de maio]] de [[1925]] como ''Radio Tiflis'', mentres que a primeira canle de televisión iniciou a súa actividade o [[30 de decembro]] de [[1956]].<ref name="2fe">{{cita web|url=http://gpb.ge/Article.aspx?Location=2&LangID=2|título=GPB: About|dataacceso=21 de agosto|añoacceso= de 2013|fecha=|autor=|editor=Radiodifusión Pública de Georgia|lingua=inglés}}</ref>
 
A programación pasou a ser diaria a partir de [[1961]]. O desenvolvemento dos medios de comunicación en Xeorxia impulsou a creación dunha segunda cadea de televisión en [[1971]] e a construción dunha torre de comunicacións en [[Tiflis]] en [[1972]], coa que se deu cobertura de radio e televisión ás zonas máis afastadas da rexión.
Liña 37:
Coa independencia de Xeorxia en [[1991]] os transmisores de radio e televisión pasaron a control do novo estado e adoptouse a denominación "''Corporación de Radio e Televisión de Xeorxia''". A situación política do país deixou ao seu servizo de radiodifusión baixo mínimos, con só unha canle de radio e outro de televisión. Pero a situación volveu á normalidade e aumentouse o número de medios: en [[1992]] restableceuse a actividade da segunda televisión e en [[1995]] creouse unha segunda emisora de radio.
 
Trala [[Revolución das rosas]] de [[2003]], o Parlamento de Georgia debateu unha nova Lei Audiovisual que foi aprobada en decembro de [[2004]]. A corporación pasou a ser de titularidad pública e recibiu un novo nome, "''Radiodifusión Pública de Xeorxia''".<ref name="historia">{{cita web|url=http://gpb.ge/Article.aspx?Location=7&LangID=2|título=About Public Broadcaster|dataacceso=21 de agosto|anoacceso= de 2013|fecha=|autor=|editoreditorial=GPB|lingua=inglés}}</ref>
 
==Organización==
A GPB é unha empresa pública, propiedade do [[Xeorxia|Estado xeorxiano]]. Entre os seus obxectivos establece atender as necesidades e intereses da sociedade georgiana, ofrecéndolle a maior variedade posible de información e coñecementos. Para iso sinala metas como difundir iniciativas sociais, defender a herdanza cultural e tradicións, manter un correcto uso do idioma, garantir a identidade de todos os seus cidadáns e evitar calquera tipo de manipulación política, económica ou doutra clase..<ref name="organización">{{cita web|url=http://gpb.ge/Article.aspx?Location=4&LangID=2|título=GPB: Mission & Vision|dataacceso=21 de agosto|anoacceso= de 2013|data=|autor=|editoreditorial=GPB|lingua=inglés}}</ref>
 
O maior órgano é a Xunta Directiva, que vixía o cumprimento do servizo público e organiza reunións con representantes políticos e sociais para cubrir informativamente a toda a sociedade. Está composto por quince membros cun mandato de seis anos, con opción a unha soa renovación. Un terzo dese consello renóvase cada dous anos..<ref name="consello">{{cita web|url=http://gpb.ge/Board.aspx?LangID=2|título=GPB: About Board of Trustees|dataacceso=21 de agosto|aNoacceso= de 2013|fecha=|autor=|editoreditorial=Radiodifusión Pública de Georgia|idioma=inglés}}</ref>
 
O grupo finánciase con achegas directas do Estado.