Diferenzas entre revisións de «Karate»

m
Bot: Cambio o modelo: Citar web
m (ref)
m (Bot: Cambio o modelo: Citar web)
De forma distinta do que é o karate contemporáneo, o combate en ''mutō'' acontece con empurróns de inicio e, despois, séguese con técnicas de derrubamento e luxación. Vencía aquel que derrubase ou sometese o contrario. Era unha práctica cuxo maior obxectivo era a recreación, mais que, segundo algúns autores e mestres, sería a semente do karate, que foi entón paulatinamente sendo moldeado e modificado so a influencias do boxeo chinés do Sur.<ref>{{Cita libro|lingua=portugués|título=Karate-do, meu modo de vida|autor=Funakoshi, Gichin|localización=São Paulo|editor=Pensamento-Cultrix|ano=1975|páxina=129}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Ancient Okinawan Martial Arts. Koryu Uchinadi|autor=McCarthy, Patrick; McCarthy, Yuriko|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=1999|páxina=1}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Tales of Okinawa's great masters|autor=Nagamine, Shōshin|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=2000|páxina=28|isbn=0804820899}}</ref>
 
Algúns argumentan que o embrión sería unha lei que o Rei Sho Hashi, non moi despois da unificación do reino, promulgou e que tornou prohibido o porte de calquera armas por parte da poboación civil, [[katana gari]] ({{lang|ja|刀狩}}), co obxectivo de conter eventuais sentimentos de revolta. Este acontecemento é de feito importante, mais non pode dar total sustentación a esta idea, porque a caste guerreira mantivo os seus privilexios e costumes, ata para poder continuar desempeñando as súas funcións no reino e perante a sociedade en xeral. Nin mesmo a restrición ao uso de armas imposta polos samurais de Satsuma foi ampla ao punto de esmoucar as prerrogativas dos guerreiros de Okinawa, exactamente polos mesmos motivos, de que os nobres deberían continuar en súas funcións costumeiras.<ref>{{CitarCita web|lingua=alemán|url=http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html|título=Karate Geschichte|dataacceso=29 de marzo de 2014}}</ref>
 
Sábese de certo que, a mediados do [[século XVII]], unha arte marcial en Okinawa sen armas xa era estabelecida e coñecida por "te" ou "ti" (en [[Lingua okinawana|uchinaguchi]]), adestrada polos nobres guerreiros, por causa das súas obrigacións militares. A existencia desta arte marcial é demostrada pola existencia, xa naquel período, de tres variantes máis ou menos semellantes mais diferenciadas, [[Naha-te]], [[Tomari-te]] e [[Shuri-te]], que se formaron respectivamente nas tres cidades que lles prestaron os nomes.<ref>{{cita libro|lingua=portugués|título=Ensinamento dos mestres|nome=Ricardo|apelidos=Serravalle Guimarães|editor=Clube de Autores|ano=2006}}</ref>
385.528

edicións