Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite news; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Liña 41:
Aos 18 anos tocou e dirixiu dende o teclado un concerto para piano de [[Johann Sebastian Bach|Bach]] na casa de Toscanini, e ao ano seguinte remataba a carreira de piano.<ref name="Mat61"/> En [[1955]] graduouse no Conservatorio "Giuseppe Verdi" de Milán.<ref name=allmusic>{{Cita web |url=http://www.allmusic.com/artist/claudio-abbado-mn0000760782/biography |título=Artist Biography by Joseph Stevenson |autor=Joseph Stevenson |editor=www.allmusic.com |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Posteriormente trasladouse a [[Siena]], onde continuou a súa formación como director nos prestixiosos cursos de verán da [[Accademia Musicale Chigiana]], onde coñecería ao director [[India|indio]] [[Zubin Mehta]], que estudaba dirección en [[Viena]] e que se convertería nun grande amigo seu.<ref name="Mat61"/> Mehta faloulle cun gran entusiasmo das clases de dirección e do seu mestre Swarowsky, o que animou a Abbado a trasladarse a Viena ao considerar que xa aprendera todo o que podía aprender en Italia, se ben xa recibira clases de piano en [[Salzburgo]] con [[Friedrich Gulda]].<ref name="Mat61"/> Finalmente, e grazas a dúas bolsas de estudos que gañou para dous anos consecutivos de [[1956]] a [[1958]], Abbado trasladouse a Viena, onde estudou co director austríaco [[Hans Swarowsky]] na [[Universität für Musik und darstellende Kunst Wien]] da capital [[Austria|austríaca]].<ref name="EnBrit">*"Abbado, Claudio", [[Encyclopædia Britannica|Encyclopædia Britannica Student and Home Edition]] 2009 en DVD, en [[lingua inglesa|inglés]]. Encyclopædia Britannica, [[Chicago]]</ref> Outra influencia moi destacable na formación de Abbado como director foi a asistencia aos ensaios dos grandes directores da época, nos que se coaba xunto con Mehta.<ref name="Mat64">Matheopoulos, pp. 64-65.</ref>
 
Tras gañar a Serge Koussevitzky Competition no [[Tanglewood Music Festival]] ([[Estados Unidos]]) por diante de [[Zubin Mehta]] en [[1958]], xurdíronlle numerosos compromisos para dirixir óperas en Italia, debutando como director en [[Trieste]].<ref name=ABC>{{Cita web novas|url=http://www.abc.es/cultura/musica/20140120/abci-claudio-abbado-201401201017.html |título=Fallece el director de orquesta Claudio Abbado |editorxornal=ABC (xornal)|ABC]] |data=20 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=castelánes}}</ref> Despois declararía:
 
{{Cita centrada|Tiña medo de ser eliminado rapidamente; fronte ao xurado, estaba moi contraído; non me liberei ata que me puxen diante do público. Durante esta primeira visita aos Estados Unidos puiden, en [[Boston]], ver a [[Pierre Monteux]] e [[Charles Munch]], cuxa arte moi persoal me influíu: así eles interpretaron obras de Claude Debussy.<ref name="Pariente"/>}}
Liña 54:
En [[1968]], despois dunha nova aparición no [[Festival de Salzburgo]] dirixindo a produción de [[Jean-Pierre Ponelle]] de ''[[Il barbiere di Siviglia]]'', Abbado era designado director permanente do [[Teatro alla Scala]] de Milán, un posto dificil e esgotador que poría de manifesto, non só o seu valor como director senón a súa capacidade para forxar orquestras de primeira categoría. Posteriormente ocuparía consecutivamente os cargos de director musical ([[1971]]), e director artístico e musical (entre [[1977]] e [[1979]]).<ref name=RBA>{{Cita libro |título= Prokofiev - Shostakovich |nome= Josep |apelidos= Pascual |ligazónautor= |coautores= |ano= 2006 |editor= RBA Coleccionables, S.A. |localización= |isbn= 84-473-4599-8 |páxina= 44 |dataacceso= |url= }}</ref><ref name="Mat71">Matheopoulos, pp. 71-73.</ref>
 
Chegou daquela, con 35 anos, o seu primeiro contrato como director permanente, antes de ser nomeado director musical en 1971. Os seus vínculos políticos e locais eran valiosos en Milán, onde os sindicatos eran omnipresentes e onde seu irmán Marcello dirixía o Conservatorio. A xubilación do antigo superintendente [[Antonio Ghiringhelli]] deixou o camiño aberto á toma de posesión con outros dous "radicais": [[Paolo Grassi]] (intendente) e [[Massimo Bogianckino]] (director artístico). Chegaba deste xeito o momento para o cambio: modificou profundamente a organización dos programas, ampliando o repertorio aos compositores do [[século XX]] (concertos ''Musica del nostro tempo''), alongando a tempada, e baixando os prezos das entradas. Abriu o teatro durante as seis semanas de peche anual para presentar de xeito gratuíto óperas filmadas aos obreiros, estudantes, escolares que descubriron a ópera, e mesturando de forma natural a [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]] coa música contemporánea, e permitindo o acceso ao teatro a un público totalmente novo, grazas tamén á adopción dunha política de entradas baratas.<ref name=RTVE1>{{Cita web |url=http://www.rtve.es/noticias/20110606/claudio-abbado-recibira-este-viernes-premio-don-juan-borbon-musica/437595.shtml |título=Claudio Abbado recibirá este viernes el Premio Don Juan de Borbón de la Música |editor=[[RTVE]] |data=6 de xuño de 2011 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=castelán}}</ref> Coa orquestra, ofreceu concertos en fábricas, universidades, escolas superiores, tanto en Milán como noutras cidades como [[Reggio Emilia]] (talleres ''Musica/realtà'').<ref name=Lebrecht/><ref name="Pariente"/><ref name=dz>{{Cita web|lingua=de|url=http://www.zeit.de/2013/26/interview-claudio-abbado-80-geburtstag|sitepáxina-web=zeit.de|título=Claudio Abbado: Der Fluss des Ganzen|editor=Die Zeit, 20 de xuño de 2013|dataacceso=31 de xaneiro de 2014 |lingua=alemán}}</ref>
 
En [[1977]], despois da marcha de Grassi á [[RAI]], Abbado foi nomeado director artístico e musical, sendo Grassi substituído por [[Carlo Maria Badini]].<ref name="Mat71"/> Posteriormente, en [[1979]], Abbado deixou a dirección artística, mantendo a dirección musical. Permaneceu neste cargo ata [[1986]], ano no cal abandonou La Scala, en maio, cunha "Homenaxe a [[Claude Debussy|Debussy]]" xunto co coreógrafo [[Maurice Béjart]],<ref>{{Cita web |url=http://ricerca.repubblica.it/repubblica/archivio/repubblica/1986/06/11/il-lungo-addio-di-abbado-sotto-una.html?ref=search |título=Il lungo addio di Abbado sotto una pioggia di fiori |editor=[[La Repubblica]] |data=11 de xuño de 1986 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=italiano}}</ref> deixando o seu posto ao [[Nápoles|napolitano]] [[Riccardo Muti]]. Deixaba deste xeito o teatro milanés logo de ter conseguido musicalmente a mellora da súa orquestra e a inclusión do repertorio sinfónico, así como a ampliación do repertorio operístico do teatro, engadindo aos títulos máis destacados do século XX obras contemporáneas como ''[[Le Grand Macabre]]'' de [[György Ligeti]], ''[[Paradise Lost (Penderecki)|Paradise Lost]]'' de [[Krzysztof Penderecki]], ''[[Donnerstag aus Licht]]'' de [[Karlheinz Stockhausen]], ou a ópera de Luigi Nono ''[[Al gran sole carico d'amore]]'', encargada especialmente para La Scala.<ref name="Mat71"/>
Liña 96:
En [[2005]] comezou a colaborar coa [[Orquesta Sinfónica Simón Bolívar]] do [[Fundación del Estado para el Sistema Nacional de las Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela|Sistema de Orquestas de Venezuela]] en [[Caracas]] ([[Venezuela]]) e [[A Habana]] ([[Cuba]]).<ref name=GMJO>{{Cita web |url=http://www.gmjo.at/Home/K%C3%BCnstler/MusikdirektorClaudioAbbado.aspx |título=Claudio Abbado |editor=[[Gustav Mahler Jungendorchester|GMJO]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
En setembro de [[2007]], Abbado anunciaba que cancelaría os seus compromisos futuros como director por consello dos seus médicos,<ref>{{cita novas| url=http://www.nytimes.com/2007/09/07/arts/music/07abba.html | título=Abbado, Ill, Cancels Appearances | editor=''New York Times'' | autor=Daniel J. Wakin | data=7 de setembro 2007 | dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> mais dous meses despois reanudou a súa axenda cun compromiso en Boloña.<ref>{{cita novas| url=http://www.playbillarts.com/news/article/7338.html | título=Claudio Abbado Returns to Podium Following Illness | editor=''Playbill Arts'' | autor=Matthew Westphal | data=9 de novembro de 2007 | dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> En xullo de [[2011]] manifestou que se encontraba nun bo estado de saúde.<ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20110712131832/http://www.artsjournal.com/slippeddisc/2011/07/abbado-cautiously-gives-himself-clean-bill-of-health.html |título=Abbado, cautiously, gives himself clean bill of health |data=10 de xullo de 2011 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Foi un dos promotores do proxecto anunciado ese mesmo ano para a construción dun grande Auditorio en Boloña deseñado por [[Renzo Piano]] na área da [[Manifattura delle Arti]]; o complexo de cerca de 1.800 asentos converteríase na sede estable da Orchestra Mozart, cunha acústica "próxima á perfección", estudada polo grande acústico xaponés [[Yasuhisa Toyota]]<ref>{{Cita web |url=http://www.postfiera.org/archives/1814 |título=Renzo Piano progetta l’Auditorium di Bologna |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=italiano}}</ref>.
 
O [[30 de agosto]] de [[2013]] era nomeado [[senador vitalicio]] polo [[Senado de Italia]] polo presidente [[Giorgio Napolitano]], ao mesmo tempo que [[Carlo Rubbia]], [[Renzo Piano]] e [[Elena Cattaneo]].<ref>{{Cita web |url=http://www.quirinale.it/elementi/Continua.aspx?tipo=Notizia&key=38099 |título=« Nominati Abbado, Cattaneo, Piano e Rubbia senatori a vita » |lingua=italiano}}</ref> Catro días antes, o [[26 de agosto]] de [[2013]], Abbado concluía o seu traballo artístico en Lucerna nun concerto no que se puideron escoitar as notas da [[Sinfonía Nº 9 (Bruckner)|Novena Sinfonía]] de [[Anton Bruckner]], nun concerto que se sentiu como o que posiblemente fora o seu último concerto.<ref name="LFO"/>