Jean Bernard Léon Foucault: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos de parámetros nas referencias
m Bot: Arranxo de parámetros nas referencias
Liña 24:
}}
 
'''Jean Bernard Léon Foucault''', nado en [[París]], o 18 de setembro de 1819 e finado na mesma vila o 11 de febreiro de 1868, foi un [[Física|físico]] e [[Astronomía|astrónomo]] [[Franceses|francés]].<ref>{{citar web|url=http://www.biography.com/people/jean-foucault-40760|título=Jean Foucault biography|autor= A+E Television Networks, LLC.|data=|publicación=Bio. True Story|acessodatadataacceso=14 de Febreiro de 2013}}</ref>
 
É coñecido pola invención do [[péndulo de Foucault]], un dispositivo que demostra o efecto da [[rotación da Terra]]. Tamén fixo unha medición inicial da velocidade da luz, descubriu as correntes de Foucault e, malia non o ter inventado, coñécese por nomear o [[xiroscopio]]. O cráter Foucault sobre a [[Lúa]] e o [[asteroide]] [[5668 Foucault]] son chamados deste xeito na súa homenaxe.
Liña 36:
En 1850, Foucault fixo un experimento co [[aparello de Fizeau-Foucault]] para medir a velocidade da luz, que veu ser coñecida coma experimento de Foucault-Fizeau. Tal experimento foi visto como "o último" na teoría corpuscular da luz, de Newton, pois mostrou que a luz viaxa máis amodo na auga que no ar.<ref>{{Cita libro | title = Understanding Physics | author = David Cassidy, Gerald Holton, James Rutherford | publisher = Birkhäuser | year = 2002 | isbn = 0387987568 | url = http://books.google.com/books?id=rpQo7f9F1xUC&pg=PA382&dq=Foucault+speed-of-light+wave+theory&as_brr=3&ei=qhMTSbjcN5zOswOIhPG6DQ}}</ref>
 
En 1851, fixo a primeira demostración experimental da rotación da Terra en torno ao seu eixo (ver [[Rotación da Terra]]). O experimento foi feito por medio da rotación do plano de oscilación dun péndulo longo e pesado suspenso libremente, no [[Panteón de París]]. A experiencia causou sensación en todas as teorías vixentes. No ano seguinte, utilizou (e nomeou) o [[xiroscopio]] como a comprobación experimental conceptualmente máis simple. En 1855, recibiu a [[Medalla Copley]]<ref>{{citar web|url=http://royalsociety.org/awards/copley-medal/|título=Copley Medal |autor=|data=|publicación=The Royal Society|acessodatadataacceso=14 de febreiro de 2013}}</ref> da [[Royal Society]] por "notábeis pesquisas experimentais" Pouco antes, no mesmo ano, foi nomeado ''physicien'' (físico) do [[Observatorio Imperial de París]].
 
En setembro de 1855, descubriu que a [[forza]] necesaria para a rotación dun disco de [[cobre]] aumenta cando o disco xira co seu bordo entre os polos dun [[imán]], ao mesmo tempo que o disco se torna quecido polas "[[correntes de Foucault]]" inducidas no metal.