Xoán II de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Arranxo de parámetros nas referencias
m Bot: Arranxo de parámetros nas referencias
Liña 40:
En [[1419]] contraeu matrimonio con [[Branca I de Navarra|Branca]], filla do rei navarro [[Carlos III de Navarra|Carlos III o Nobre]], e viúva de [[Martín o Mozo]].
 
Á morte de [[Carlos III de Navarra|Carlos III]] en [[1425]], a súa filla Branca e o infante Xoán foron proclamados conxuntamente reis de Navarra. Nese mesmo ano, o día [[29 de novembro]] foi investido [[condado de Ribagorza|conde de Ribagorza]] en [[Valencia]].<ref>{{cita web |url=http://www.iea.es/_docum/77_OTP_Historia_del_condado_de_Ribagorza.pdf |título=Historia del condado de Ribagorza |dataacceso=3 de novembro|anoacceso=2011 |apelido=Iglesias Costa |nome=Manuel |ano=2001 |formato=pdf |editor= Instituto de Estudios Altoaragoneses |ubicaciónlugar=Huesca |páxina=273 |cita=Pero en Aragón el asunto no llegó a consecuencias tan fatales y tres años después, el 29 de noviembre de 1425, el infante don Juan era investido conde de Ribagorza en la ciudad de Valencia, tal como don Pedro lo había recibido de su padre, el rey Jaime II, en 1322.}}</ref>
 
No verán de [[1429]], para favorecer os intereses dos seus irmáns os [[Infantes de Aragón]], Xoán invadiu Castela polo val do [[Henares]]. Cando ía suscitar batalla preto de [[Jadraque]], a intervención da súa irmá [[María de Aragón, raíña de Castela|María]], esposa de Xoán II de Castela, determinou o fin da expedición e, a longo prazo, a perda daquela guerra ao ano seguinte.
Liña 58:
En [[1454]], Xoán II, foi nomeado polo seu irmán Afonso V lugartenente de [[Aragón]] e [[Cataluña]], mentres este gobernaba o reino desde o sur de Italia e Sicilia. En Cataluña, en concreto, o novo lugartenente mostrouse partidario de apoiar aos grupos menos favorecidos, os campesiños e os menestreis, dado que estes sectores da poboación compartían inimigos coa súa autoridade: os nobres laicos e eclesiásticos e os altos oligarcas urbanos que controlaban as institucións e discutían o poder real.<ref name="José Luis Martín">[[José Luis Martín|MARTIN, José Luis]]: ''Enrique IV de Castilla: Rey de Castilla, Príncipe de Cataluña'', Hondarribia, 2003, 1a edición, ISBN 84-89569-82-7, pag. 114)</ref>
 
Catro anos máis tarde produciuse a morte de Afonso, quen carecía de herdeiros directos e Xoán sucedeulle no trono de [[Aragón]], aínda que se viu obrigado a entregar ao seu fillo Carlos o goberno de Cataluña. O [[25 de xullo]] de [[1458]] outorgou ao seu fillo [[Fernando II de Aragón|Fernando]] o título de [[ducado de Montblanc|duque de Montblanc]] e de [[condado de Ribagorza|conde de Ribagorza]] co señorío da cidade de Balaguer.<ref>{{cita web |url=http://www.iea.es/_docum/77_OTP_Historia_del_condado_de_Ribagorza.pdf |título=Historia del condado de Ribagorza |dataacceso=3 de novembro|anoacceso=2011 |apelido=Iglesias Costa |nome=Manuel |ano=2001 |formato=pdf |editor= Instituto de Estudios Altoaragoneses |ubicaciónlugar=Huesca |páxina=274 |doi=ISBN 84-8127-121-7 |cita=Ello hizo primero que el rey Juan II se negara a reconocer a su hijo Carlos, príncipe de Viana, sus derechos a la herencia y que este se levantase en armas contra su padre; y, segundo, que el rey el mismo día que juró como de costumbre los fueros y privilegios del reino de Aragón (25 de julio de 1458) en la iglesia del Salvador de Zaragoza "dio al infante Don Hernando su hijo título de duque de Montblanc y de conde de Ribagorza con el señorío de la ciudad de Balaguer"; contaba este tan solo 6 años de edad.}}</ref>
 
En [[1460]], Carlos de Viana é arrestado por orde do seu pai, o cal foi aproveitado polos sectores contrarios ao poder real para iniciar un conflito civil en terras catalás. [[A Biga e a Busca|A Biga]], as oligarquías urbanas, a nobreza e unha gran parte da xerarquía eclesiástica catalá alzáronse contra o monarca.<ref name="Yolanda Guerrero Navarrete">[[Yolanda Guerrero Navarrete|HERRERO NAVARRETE, Yolanda]]: ''La configuración de los reinos hispánicos (s. XIII-XV)'', 1a edición, ISBN 84-79822-514-0, pag. 32)</ref> As Cortes, reunidas en Lleida en [[1460]], pediron a Xoán II que liberase ao seu fillo e obrigáronlle a acatar en [[1461]] a [[Capitulación de Villafranca do Penedés]], onde se lle prohibiu entrar en Cataluña sen permiso das institucións locais e limitábase notablemente a súa autoridade real (a xefatura administrativa e o poder executivo -en ausencia do soberano- quedarían en mans de Carlos de Viana, aínda que na práctica quen gobernaría sería a [[Xeneralidade de Cataluña|Xeneralidade]]). En [[1461]], o monarca recoñece abertamente a lexitimidade da súa primoxénito, pero dunha forma ambigua que se presta a posibles revogacións.<ref name="Francisco Javier Fernández Conde">[[Francisco Javier Fernández Conde|FERNÁNDEZ CONDE, Francisco Javier]]: ''La España de los siglos XIII ak XV)'', San Sebastián, 1995, 2a edición (2004), ISBN 84-86763-55-X, pag. 134)</ref>