Resurrección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 23:
==A exéxese==
 
Entre teólogos e exexetas do conxunto das confesións cristiás existe certo consenso en afirmar que estes relatos non dependen literariamente uns de outros e se remiten a unha experiencia singular. Adoitan coincidir, tamén, en que a experiencia de Xesús resucitado, coñecida como experiencia pascual, marca o comezo do cristianismo mediante unha relectura vital dos acontecementos previos da predicación, condena e crucifixión de Xesús de Nazareth.
 
É dominante a opinión de que os relatos do sepulcro baleiro non forman parte da capa máis antiga da tradición (dátanse ao redor do ano 70) e teñen un carácter catequético ou kerigmático. Nembargantes, existen fórmulas de fe e oración que son moi próximas no tempo aos acontecementos e que dan testimuño da crenza como algo nuclear para as primeiras comunidades. Estas fórmulas poden rastrexarse mediante un procedemento da crítica textual nas cartas de Paulo de Tarso e nas denominadas [[Cartas de Pedro]]. Por exemplo en Cor. 15, 3-5.