Bandeira de Nova Caledonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bandeiras institucionais: Logos and not flags
m Bot: Arranxo de parámetros nas referencias
Liña 23:
Nova Caledonia, territorio francés dende [[1853]], utilizou oficialmente a ''Tricolore'' nas súas institucións. Porén, a comezos da década de 1980, propúxose unha bandeira local durante a celebración do primeiro congreso da [[Front de libération nationale kanak et socialiste]] (FLNKS). Esta bandeira, composta por tres franxas horizontais en azul, vermello e verde xunto a un símbolo tradicional, foi utilizada polos militantes pro-independentistas por máis de vinte anos.
 
No [[2008]], o goberno de Nova Caledonia iniciou o debate respecto á adopción dunha bandeira e un himno rexional, segundo o estipulado no [[Acordo de Numéa]]. A bandeira [[Kanak]] foi adoptada masivamente polo congreso local como bandeira rexional xunto coa bandeira francesa, coa que compartirá oficialidade por dous anos. O [[17 de xullo]] de [[2010]] adoptouse oficialmente a bandeira kanak nunha cerimonia en [[Noumea]], á que asistiu o primeiro ministro francés [[François Fillon]].<ref name=telegraph>{{cita web|autor=Malkin, Bonnie|título=New Caledonia adopts second flag in compromise over French rule |url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/australiaandthepacific/newcaledonia/7900494/New-Caledonia-adopts-second-flag-in-compromise-over-French-rule.html|editorial=The Daily Telegraph|idioma=inglés|fechadata=20 de julio de 2010|dataacceso=19/02/2011}}</ref><ref name="flnks flag">{{cita web|url=http://www.lefigaro.fr/politique/2010/07/17/01002-20100717ARTFIG00310-fillon-hisse-les-drapeaux-francais-et-kanak-a-noumea.php|título=Fillon hisse les drapeaux français et kanak à Nouméa|idioma=francés|autor=Jeudy, Bruno|fechadata=17 de julio de 2010|dataacceso=19/02/2011}}</ref>
 
Malia a súa aprobación maioritaria por parte do congreso local, a adopción da bandeira foi controvertida.<ref name=telegraph/> Algúns neocaledonianos manifestaron os seus desexos dun novo deseño para a bandeira, que incopore elementos tanto franceses como kanaks, como forma de representar a coexistencia de ámbolos dous grupos étnicos.<ref name=telegraph/>