Florbela Espanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*inminentes -> eminentes
m Bot: Arranxos de parámetros nas referencias; cambios estética
Liña 3:
'''Florbela Espanca''', bautizada co nome '''Flor Bela de Alma da Conceição''' nada en [[Vila Viçosa]] o [[8 de decembro]] de [[1894]] e finada en [[Matosinhos]] o [[8 de decembro]] de [[1930]], foi unha [[poesía|poetisa]] [[Portugal|portuguesa]].
 
== Traxectoria ==
Precursora do movemento [[feminismo|feminista]] en Portugal, tivo unha vida tumultuosa, inquieda, transformando os seus sufrimentos íntimos en poesía da máis alta calidade, cargada de erotización e feminidade.
 
Liña 16:
Tentou o [[suicidio]] por dúas veces en outubro e novembro de [[1930]], na véspera da publicación da súa mellor obra, ''[[Charneca em Flor]]''. Tras diagnosticárselle un [[edema]] pulmonar, suicídase no día do seu aniversario, o [[8 de decembro]] de [[1930]]. ''Charneca em Flor'' sería publicado en xaneiro de [[1931]].
 
== Florbela Espanca por outros poetas ==
Florbela Espanca causou grande impresión entre os seus pares e entre literatos e público do seu tempo e de tempos posteriores. Alén da influencia que os seus versos tiveron nos versos de tantos outros poetas, son coñecidas tamén algunhas homenaxes prestadas por outros eminentes poetas á persoa humana e lírica da poetisa. [[Manuel Dias da Fonseca]], no seu "Para um poema a Florbela" de [[1941]], cantaba "(...)''E Florbela, de negro,/ esguia como quem era,/ seus longos braços abria/ esbanjando braçados cheios/ da grande vida que tinha!''". Tamén Fernando Pessoa, nun poema dactilografado e non datado, de nome "À memória de Florbela Espanca", descríbea como "''alma sonhadora/ Irmã gêmea da minha!''".<ref>Espanca, Florbela, 1894-1930. ''Poemas de Florbela Espanca / Estudo introdutório, organização e notas de Maria Lúcia Dal Farra'' - São Paulo : Martins Fontes, 1996. páginas XXV e XXVI. ISBN 85-336-0566-8</ref>
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Florbela por Apeles Espanca.jpg|miniatura|Florbela nun deseño do seu irmán Apeles Espanca.]]
Autora de poemas, artigos na prensa, traducións, epístolas e un diario, Florbela Espanca antes que nada foi poetisa. É á súa poesía, case sempre en forma de [[soneto]], á que ela debe a fama e o recoñecemento. A temática abordada é principalmente amorosa. O que máis lle preocupa á autora é o amor e os ingredientes que romanticamente lle son inherentes: soidade, tristeza, saudade, sedución, desexo e morte. A súa obra abrangue tamén poemas de sentido patriótico, mesmo algúns en que é visible o seu patriotismo local: o soneto “No meu Alentejo” é unha glorificación da terra natal da autora.
Liña 27:
A prosa de Florbela exprímese a través do conto (onde domina a figura do irmão da poetisa), dun diario, que antecede á súa morte, e en cartas varias. Algunhas pezas da súa correspondencia son de natureza familiar, outras tratan de cuestións relacionadas coa súa produción literaria, sexa nun sentido interrogativo en canto á súa qualidade, sexa sobre aspectos máis prácticos como a súa publicación. Nas diferentes manifestacións epistolares sobresaen cualidades que non sempre están presentes na restante produción en prosa - naturalidade e simplicidade<ref name="Galvao" />.
[[António José Saraiva]] e [[Óscar Lopes]] na súa ''História da Literatura Portuguesa''<ref name="Saraiva" /> describen a Florbela Espanca como sonetista de “laivos anterianos”<ref name="Saraiva" />(en referencia a [[Antero de Quental]]) e semellante a [[António Nobre]]. Admiten que foi "uma das mais notáveis personalidades líricas isoladas, pela intensidade de um emotivo erotismo feminino, sem precedentes entre nós [[Portugal]], com tonalidades ora egoístas ora de uma sublimada abnegação que ainda lembra Sóror Mariana, ora de uma expansão de amor intenso e instável[…]"<ref name="Saraiva" />.
 
A obra da Florbela "precede de longe e estimula um mais recente movimento de emancipação literária da mulher, exprimindo nos seus acentos mais patéticos a imensa frustração feminina das […] opressivas tradições patriarcais.”<ref name="Saraiva" />
Liña 37:
Na súa escrita hai un certo número de palabras nas que insiste incesantemente. Antes de máis, o EU, presente, en case todas as pezas poéticas. Amplamente repetidos vocablos que reflicten paisón: alma, amor, saudade, bicos, versos, poeta e outros, e os que deles derivan. Escritos de ámbito alén dos que caracterizan esa paisón non son abundantes, particularmente na obra poética. Salvo no que se refire ao seu Alentexo. Non se coloca como observadora distante, mesmo cando tal parece, exterior a feitos, ideas, acontecementos.''<ref name="Galvao" />}}
 
O autor do artigo lembra tamén a correspondencia da poetisa co irmán, Apeles, e cunha amiga próxima, que apenas viu en retrato. Repara en que os excesos verbais da escritora son provocados pola súa falta de moderación á hora de exprimir unha paixón. A súa exaltación do amor fraternal é considerada fóra do común. Galvão repara en que eses límites alongados na expresión do amor, da amizade e das afeccións, son na obra florbeliana unha constante<ref name="Galvao">{{cita web |url=http://www.vidaslusofonas.pt/florbela_espanca.htm |publicadopublicación=Vidaslusofonas.pt |obra= |autor=Galvão, Rolando |título="Florbela Espanca" (biobibliografia) |data= |dataacceso=22 de xullo de 2009}}</ref>.
 
== Bibliografía ==
=== Poesía ===
 
1919 ''[[Livro de Mágoas]]''. Lisboa: Tipografia Maurício. {{ebook|17610}}
 
1923 ''[[Livro de Sóror Saudade]]''. Lisboa: Tipografia A
Americana.
 
1931 ''[[Charneca em Flor]]''. Coimbra: Livraria Gonçalves.
 
1931 ''Juvenília: versos inéditos de Florbela Espanca'' (con 28 sonetos inéditos). Estudo crítico de Guido Battelli. Coimbra: Livraria
Gonçalves.
1934 ''Sonetos Completos'' (''Livro de Mágoas, Livro de Sóror Saudade, Charneca em Flor, Reliquiae''). Coimbra: Livraria Gonçalves.
 
=== Prosa ===
 
1931 ''[[As Máscaras do Destino]]''. Porto: Editora Marânus.
 
1981 ''[[Diário do Último Ano]]''. Prefácio de Natália Correia. Lisboa: Livraria Bertrand.
 
1982 ''[[O Dominó Preto]]''. Prefácio de Y. K. Centeno. Lisboa: Livraria Bertrand.
 
=== Colectáneas ===
 
1985/86 ''Obras Completas de Florbela Espanca''. 8 vols. Edição de Rui Guedes. Lisboa: Publicações Dom Quixote.
 
1994 ''[[Trocando Olhares]]''. Estudo introdutório, estabelecimento de textos e notas de Maria Lúcia Dal Farra. Lisboa: Imprensa Nacional/ Casa da Moeda.
 
=== Epistolografía ===
 
1931 ''Cartas de Florbela Espanca'' (A Dona Júlia Alves e a Guido Battelli). Coimbra: Livraria Gonçalves.
 
1949 ''Cartas de Florbela Espanca''. Prefácio de Azinhal Abelho e José Emídio Amaro. Lisboa: Edição dos Autores.
 
=== Traducións ===
 
1926 ''Ilha azul'', de Georges Thiery. Figueirinhas do Porto.
 
____ ''O segredo do marido'', de M. Maryan. Biblioteca das Famílias.
 
1927 ''O segredo de Solange'', de M. Maryan. Biblioteca das Famílias.
 
____ ''Dona Quichota'', de Georges de Peyrebrune. Biblioteca do Lar.
 
____ ''O romance da felicidade'', de Jean Rameau Biblioteca do Lar.
 
____ ''O castelo dos noivos'', de Claude Saint-Jean
 
____ ''Dois noivados'', de Champol. Biblioteca do Lar.
____ ''O canto do cuco'', de Jean Thiery. Biblioteca do Lar.
 
1929 ''Mademoiselle de la Ferté'' (romance da actualidade) de Pierre Benoit. Série Amarela.
 
1932 ''Máxima'' (romance da actualidade, de A. Palácio Váldes. Coleção de Hoje.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://purl.pt/index/Geral/aut/PT/24786.html Obras de Florbela Espanca] na Biblioteca Nacional Digital {{pt}}
* [http://www.noscafora.be/pt/index.php?option=com_content&task=view&id=125&Itemid=55 Informacións anexas sobre Florbela Espanca] {{pt}}
 
{{ORDENAR:Espanca, Florbela}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua portuguesa]]
[[Categoría:Escritores de Portugal]]