Condado portucalense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos de parámetros nas referencias; cambios estética
Liña 34:
No actual territorio de [[Portugal]], ao longo do proceso da [[Reconquista]], houbo dúas [[política|entidades políticas]] coñecidas como '''Condados Portucalenses''' ou '''Condados de Portucale'''.
 
O primeiro condado foi fundado polo nobre [[Galicia|galego]] [[Vimara Pérez]] (ou ''Vímara Peres'', ou ''Guímara Peres''), conde da [[A Coruña|Coruña]], despois da toma (ou repoboación) de ''Portucale'' ([[Porto, Portugal|Porto]]), en [[868]]. Ocupaba un territorio aproximado ao do actual [[Entre-Douro-e-Minho]]. O condado foi gobernado por varios descendentes de Vimara, até que foi incorporado plenamente ao [[Reino de Galicia]] en [[1071]], cando o rei [[García de Galicia|García]] tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde [[Nuno Mendes]], que sería derrotado na [[batalla de Pedroso]], pasando o título a mans reais. Porén, durante toda a súa existencia, aínda que gozando de ampla autonomía, o condado constituíu sempre unha dependencia dos Reinos de [[Reino de Asturias|Asturias]], [[reino de León|León]] e [[reino de Galicia|Galicia]])
 
O segundo foi instituído contra [[1095]] como [[feudo]] que o [[rei]] [[Afonso VI de León e Castela]] concedeu a [[Henrique de Borgoña]], un nobre [[Borgoña|borgoñón]] que viñera a auxilialo na reconquista de terras aos mouros, e que casara coa filla do rei, a [[Infante de España|infanta]] [[Tareixa de León]]. Este último condado era moito maior en extensión que o primeiro, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo [[condado de Coimbra]], suprimido en [[1091]], e partes de [[Trás-os-Montes]] e aínda do sur da actual [[Galicia]] (mormente da diocese de [[Tui]]).
Liña 43:
 
== Historia ==
O nome do [[condado]] vén do topónimo '''''Portucale''''', co que desde o [[século IX]] se designaba unha vila situada preto da foz do [[río Douro]], chamada ''Portus Cale'', "Porto de Cale", que se xulga ser un nome [[híbrido (lingüística)|híbrido]] formado por un termo [[lingua latina|latino]] (''Portus'', "[[Porto (comunicacións)|porto]]") e outro [[lingua grega|grego]] (καλός ''kalós'', "[[Beleza|belo]]"), é dicir, "Porto Belo". Outra posíbel explicación é que o nome derivaría dos pobos de [[cultura castrexa]] que habitaban a zona de "Cale" nos tempos prerrománs, os ''[[Galaicos|Callaeci]]''. Unha explicación alternativa é a de que o nome deriva da deusa venerada pola tribo e que podería historicamente relacionarse coa palabra ''Cailleach'' (definida como "deusa ancestral"), en [[Irlanda]]. Finalmente, outra teoría afirma que a palabra ''cale'' ou ''cala'', sería celta e significaría "porto", "enseada" ou "abrigo", e implicaría a existencia dun porto celta máis antigo.<ref>{{Cita web |autor= |url=http://books.google.com/books?id=POGEbFpGHigC&pg=RA1-PA270&dq=celtic+cale+harbour&lr=&sig=RIIpretXAIvSW54ICvMH82IDcrw |publicadopublicación=Books.google.com |título=Celtic Linguistics |língua= |obra= |data= |acessodata= }}</ref> Ainda outra teoría propón que Cale deriva de ''Caladunum''.<ref>{{Cita web |autor= |url=http://books.google.com/books?id=_sYPAAAAYAAJ&pg=PA477&dq=Cale,++name++Porto+greek&lr= |publicadopublicación=Books.google.com |título=Dictionary of Greek and Roman Geography |língua= |obra= |data= |acessodata= }}</ref>
 
No [[século -I|século I]] a.C. [[Salustio]], nas súas ''Historiae'', refírese a unha "Cales civitas" localizada na [[Gallaecia]].
 
No [[século IV]], no [[Itinerario de Antonino]] fálase dunha poboación chamada "Cale" ou "Calem". E no [[século V]], [[Hidacio]] escribe sobre un "Portucale castrum".<ref>{{Cita web |autor=Leite de Vasconcelos, José |obra=Lisboa, Imprensa Nacional, 1938 |url=http://www.instituto-camoes.pt/CVC/bdc/etnologia/opusculos/vol05/opusculos05_28_38.pdf |publicadopublicación=[[Instituto Camões]] |formato=PDF |título=''Cale e Portucale''. Opúsculos Vol. V – Etnologia (Parte I) |data= |acessodata= }}</ref>
[[Ficheiro:Reino de Galicia Suevos.png|dereita|220px|miniatura|Mapa do [[reino Suevo]].]]
 
Liña 53:
Aínda que a existecia da entidade de poboación na foz do [[río Douro|Douro]] durante o [[Imperio romano|período romano]] estea confirmada, non ocorre o mesmo coa súa localización exacta.
 
O ''[[Parochiale suevorum]]'' de [[San Martiño de Dumio]], estudado polo [[cóengo]] [[Pierre David]] despois da súa identificación polo tamén cóengo [[Avelino de Jesus da Costa]], un dos máis importantes especialstas en [[diplomática]] portuguesa,<ref>{{Cita web |autor= |url=http://www.acabra.net/artigo.php?id_artigo=3112 |publicadopublicación=Acabra.net |título="FLUC homenageia Avelino de Jesus da Costa", ACABRA.NET - Jornal Universitário de Coimbra '' |acessodata= |língua= |obra= |data= }}</ref> refírese, séculos despois, a un poboado que se designaba como ''Portucale Castrum Antiquum'', na marxe esquerda, e outro, o ''Portucale Castrum Novum'', á dereita.
 
Durante o dominio dos [[suevo]]s, Portucale foi escenario de varios acontecementos, contándose entre eles o aprisionamento de [[Requiario]] durante a invasión do rei [[visigodo]] [[Teodorico II]] ([[457]]), a revolta do seu gobernador [[Axiúlfo]], que pretendía ser aclamado rei e foi executado, e a última batalla ([[585]]) de [[Andeca]], derradeiro rei suevo, vencido por [[Leovixildo]].
Liña 130:
 
 
Non se debe confundir o '''Condado Portucalense''' —concesión dos territorios dos condados de [[Coimbra]] e de Portucale ao conde [[Henrique de Borgoña|Henrique]]— co '''condado de Portucale''', que comezou a existir desde a ''presura'' de [[Vimara Pérez]], prolongado polos seus descendentes até a morte do último conde, na [[batalla de Pedroso]], en [[1071]], conde que tentaba conseguir maior autonomía de [[García de Galicia]], que gobernaba o [[Reino de Galicia|Reino de Galicia e Portugal]] do seu pai, [[Fernando I de León e Castela|Fernando o Magno]].
 
Porén, a atrofia do condado de Coimbra, creado en [[878]], pero suprimido coa conquista da cidade por [[Almanzor]] ao final do [[século X]], permitiu a supremacía norteña, que nin mesmo a reconstitución dunha autoridade equivalente á do conde —en beneficio de [[Sisnando Davides]], en [[1064]], e prolongada até a súa morte, en [[1092]]— puido impedir.
Liña 143:
Co fin de aumentar a poboación e revalorizar o seu territorio, Henrique deu [[foro]] e fundou vilas en varias terras, entre elas [[Guimarães]], á cal fixo vila de [[burguesía|burgueses]], atraendo alí, con diversas regalías, moitos [[francos]], seus compatriotas.
 
En Guimarães fixou Henrique a súa residencia, en [[palacio|pazopazos]]s propios, dentro do castelo que alí fora edificado no século anterior.
 
Falecido Henrique ([[1112]]) a súa viúva [[Tareixa de León|Tareixa]] pasa a gobernar o condado durante a minoridade do seu fillo [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]].
Liña 187:
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Condado Portucalense}}
* [http://www.portugal.bz/history/index.php?history=5 Portugal.bz: 5º período. Primeiro condado] {{en}} Consultada o 25/01/2013.
 
[[Categoría:Historia de Galicia]]