Giuseppe Verdi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
→‎Óperas: completo
Angeldomcer (conversa | contribucións)
→‎Óperas: completo
Liña 88:
*''[[Il corsaro]]'', obra en tres actos con libreto de Francesco Maria Piave, baseado no poema ''The Corsair'' de [[Lord Byron]]. Estreada o [[25 de outubro]] de [[1848]] no [[Teatro Verdi de Trieste|Teatro Grande]] de [[Trieste]].
* ''[[La battaglia di Legnano]]'', ópera en catro actos con libreto de [[Salvatore Cammarano]], baseado na obra de [[Joseph Méry]] ''La bataille de Toulouse'' ([[1828]]). Estreada o [[27 de xaneiro]] de [[1849]] no [[Teatro Argentina]] de [[Roma]].
* ''[[Luisa Miller]]'', en tres actos con libreto de Salvatore Cammarano, baseado na peza teatral ''[[Kabale und Liebe]]'' (''Intriga e amor'') de [[Friedrich von Schiller]]. Estreada o [[8 de decembro]] de [[1849]] no [[Teatro San Carlo]] de [[Nápoles]].
 
* ''[[Stiffelio]]'', en tres actos con libreto de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral ''Le Pasteur, ou l'Évangile et le Foyer'' de [[Émile Souvestre]] e [[Eugène Bourgeois]]. Estreada o [[16 de novembro]] de [[1850]] no Teatro Grande de Trieste. Foi un fracaso que obrigou a Verdi a alterar radicalmente a ópera aumentándoa nun acto e pasando a acción á [[Idade Media]]; esta nova versión foi presentada baixo o título de ''[[Aroldo]]'' en [[1857]] cun gran éxito e cunha crítica máis favorable.
* ''[[Rigoletto]]'' ópera en tres actos con libreto de Francesco Maria Piave, baseado libremente na obra teatral ''Le Roi s'amuse'' de Víctor Hugo. Estreada o [[11 de marzo]] de [[1851]] no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
* ''[[Il trovatore]]'', obra en catro actos con libreto de Salvatore Cammarano, baseada na obra de teatro ''[[El trovador]]'' ([[1836]]) de [[Antonio García Gutiérrez]]. Estreada o [[19 de xaneiro]] de [[1853]] no [[Teatro Apollo]] de Roma.
* ''[[La traviata]]'' drama en tres actos con libreto de Francesco Maria Piave. Baseada na novela de [[Alexandre Dumas (fillo)|Alexandre Dumas]] ''[[A dama das camelias]]'', a través dunha adaptación teatral. Estreada o [[6 de marzo]] de [[1853]] no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
 
== Notas ==