Gran Premio de Mónaco de 1996: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
=== Práctica e cualificación ===
 
[[Michael Schumacher]] logrou a pole, pero causou unha controversia de menor importancia cando na súa volta de desaceleración impediu a [[Gerhard Berger]] facer un bo tempo ao final da sesión. Ao saír do túnel Schumacher circulaba lentamente, recibindo o recoñecemento da multitude, mentres que Berger estaba nunha volta rápida. Schumacher tratou de apartarse do camiño de Berger, pero o austriacoaustríaco ía demasiado rápido e tivo que virar a gran velocidade para evitar ao Ferrari, entrando na chicane ao revés.
 
=== Carreira ===
Liña 52:
A carreira comezou ás 14:30 CEST.<ref name=acclimatisation-2>{{Cita audiovisual | people = [[Ben Edwards|Edwards, Ben]] (Commentator) |date = 1996-05-19 | title = Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live | medium = Television production | publisher = [[Eurosport]] | location = [[Londres]], England | time = 00:40 | accessdate = 2012-05-22}}</ref>
 
Na volta de arrequecemento Montermini estrelou o seu Forti saíndo do túnel, e a falta dun coche de reserva significou que o italiano non puido iniciar a carreira en mollado, polo tanto, só 21 coches tomaron a saída. Hill, conseguiu pasar a Schumacher en Santa Devota, mentres que máis atrás xa había problemas. [[Jos Verstappen]], que optara por iniciar a carreira con pneumáticos de seco, deslizouse directamente contra o muro. Os dous Minardi elimináronse cando se engancharon na saída da primeira curva. E así, 18 coches subían polo outeiro na primeira volta. Hill comezou a afastarse, mentres que Schumacher, gañador da pole perdeu o control saíndo de Mirabeau e chocou contra o muro, deixando 17 coches en marcha. Ao chegar á Rascasse, Barrichello fixo un trompo. Logo de cinco voltas, só había 13 coches en carreira [[Ukyo Katayama]] (accidente), [[Ricardo Rosset]] (accidente) e Diniz (transmisión) unironse á lista de abandonos. Unha diferenciadiferenza significativa empezou a abrirse entre os líderes e [[Eddie Irvine]], cuarto. De feito había unha cola de oito coches detrás do lento Ferrari. Berger retirouse na volta 10 con problemas na caixa de cambios e quedaron 12 autos, mentres que [[Heinz-Harald Frentzen]] danou o seu alerón dianteiro intentando pasar Irvine. Na volta 31, [[Martin Brundle]] trompeou, o que deixou a só 11 coches na carreira. Tres voltas máis tarde, Irvine, finalmente, foi adiantado, cando Panis logrou pasalo na curva de Loews, nunha manobra electrizante. Irvine perdeu o control e atascouse pero incorporou de novo o seu coche coa axuda dos comisarios. Hill, pola súa banda, perdeu brevemente a vantaxe con Alesi cando fixo unha parada en boxes na volta 30 para cambiar a pneumáticos lisos cando pista comezou a secarse, pero recuperou o liderado unha volta despois, cando superou ao francés (que aínda estaba con pneumáticos de choiva) na pista. Alesi fixo a súa parada en boxes pouco despois, o que permitiu a Hill ampliar a súa vantaxe a case 30 segundos e seguir imperturbable na parte dianteira ata a volta 40, cando un erro na caixa de cambios levou a que fallara o motor na saída do túnel, foi a súa primeira retirada da tempada. Alesi tomou o liderado que duroulle 20 voltas, cando a súa suspensión fallou, entregando a primeira posición a Panis. [[Luca Badoer]] perdía seis voltas no Forti cando chocou con Villeneuve en Mirabeau, retirándose os dous pilotos.
A carreira non cubriu a distancia total no tempo límite e a regra das dúas horas entrou en vigor. Panis aventaxaba a [[David Coulthard]] por unha pequena marxe, con só outros cinco coches detrás deles. Irvine finalizou unha tarde memorable ao trompear no mesmo punto no que o seu compañeiro Schumacher estrelouse. Mentres trataba de reincorporarse, foi golpeado por [[Mika Salo]], que era á súa vez golpeado por Häkkinen. Os tres coches retiraronse e os comisarios tiveron que traballar duro para limpar a pista. Afortunadamente só había catro coches circulando, con Frentzen último. O alemán, que facilmente podería liderar a carreira, decidiu retirarse a boxes na penúltima volta, de todolostódolos xeitos corría por última vez. Xa que, só Panis, Coulthard e Herbert acabaron a carreira, o francés gañou o seu único Gran Premio e foi a primeira vitoria de Ligier en 15 tempadas. Frentzen, Salo e Häkkinen clasificáronse nas posicións dos puntos finais con Irvine acreditado no sétimo lugar.
 
== Clasificación ==