Instituto Europeo de Bioinformática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
Foi tamén necesario para a investigación e o desenvolvemento proporcionar servizos, colaborar con socios globais para soster o proxecto, e proporcionar axuda á industria. Para isto, en 1992, o EMBL Council votou crear o European Bioinformatics Institute e situalo no [[Wellcome Trust Genome Campus]] en Reino Unido, onde estaría próximo ao maior esforzo de secuenciación daquela época realizado polo [[Wellcome Trust Sanger Institute]]. Desde 1992 ata 1994, tivo lugar unha transición gradual das actividades en Heidelberg, ata que en setembro de 1994 o EMBL-EBI ocupou definitivamente a súa actual localización no Wellcome Trust Genome Campus.
 
Cando o EMBL-EBI se trasladou a [[Hinxton]] albergaba dúas bases de datos, unha para secuencias de nucleótidos (a EMBL Data Library, que foi renomeada como EMBL-Bank e finalmente pasou a ser parte do [[European Nucleotide Archive]]) e unha para secuencias de proteínas (Swiss-Prot–TrEMBL, agora chamada [[UniProt]]). Desde entón, o EMBL-EBI diversificouse para proporcionar fontes de datos resources en todos os principais dominios moleculares e expandiuse para incluír unha ampla base de datos de investigación. Proporciona aos usuarios apoioaxuda e ofrece adestramento avanzado en [[bioinformática]].<ref> Wright, V. A.; Vaughan, B. W.; Laurent, T.; Lopez, R.; Brooksbank, C.; Schneider, M. V. (2010). "Bioinformatics training: Selecting an appropriate learning content management system--an example from the European Bioinformatics Institute". Briefings in Bioinformatics 11 (6): 552–562. doi:10.1093/bib/bbq023. PMID 20601435.</ref>
 
== Financiación ==