Instituto Europeo de Bioinformática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Historia ==
As raíces do EMBL-EBI son a EMBL Nucleotide Sequence Data Library<ref>{{cite web|title=Concepts, Historical Milestones and the Central Place of Bioinformatics in Modern Biology: A European Perspective|url=http://www.intechopen.com/articles/show/title/concepts-historical-milestones-and-the-central-place-of-bioinformatics-in-modern-biology-a-european-|work=Bioinformatics - Trends and Methodologies|publisher= InTech |accessdate=8 Jan 2012|author = [[Terri Attwood|Attwood T.K.]], Gisel A., Eriksson N-E. and Bongcam-Rudloff E.|year = 2011}}</ref><ref> Stoesser, G.; Sterk, P.; Tuli, M.; Stoehr, P.; Cameron, G. (1997). "The EMBL Nucleotide Sequence Database". Nucleic Acids Research 25 (1): 7–14. doi:10.1093/nar/25.1.7. PMC 146376. PMID 9016493.</ref> (agora chamada EMBL-Bank), que se creou en 1980 nos laboratorios EMBL en [[Heidelberg`]], [[Alemaña]] e foi a primeira base de datos mundial de secuencias de nucleótidos.<ref> Kneale, G.; Kennard, O. (1984). "The EMBL nucleotide sequence data library". Biochemical Society transactions 12 (6): 1011–1014. PMID 6530028.</ref> O obxectivo orixinal era crear unha base de datos computacional central de [[secuencia de ADN|secuencias de ADN]], para complementar as secuencias enviadas a revistas. O que empezou como unha modesta tarefa de resumir información da literatura científica converteuse axiña nunha importante actividade de base de datos que recibía datos electronicamente de forma directa e cunha necesidade de ter un persoal informático de maior nivel. A tarefa creceu en escala co comezo dos [[proxecto xenoma|proxectos xenoma]], e aumentou a súa visibilidade a medida que os datos se facían cada vez máis importantes para a investigación no sector comercial. Fíxose evidente que a EMBL Nucleotide Sequence Data Library precisaba unha mellor seguridade financeira para asegurar a súa viabilidade a longo prazo e para afrontar a enorme escala da súa misión.
 
Foi tamén necesario para a investigación e o desenvolvemento proporcionar servizos, para colaborar con socios globais para soster o proxecto, e proporcionar axuda á industria. Para isto, en 1992, o EMBL Council votou crear o European Bioinformatics Institute e situalo no [[Wellcome Trust Genome Campus]] en Reino Unido, onde estaría próximo ao maior esforzo de secuenciación daquela época realizado polo [[Wellcome Trust Sanger Institute]]. Desde 1992 ata 1994, tivo lugar unha transición gradual das actividades en Heidelberg, ata que en setembro de 1994 o EMBL-EBI ocupou definitivamente a súa actual localización no Wellcome Trust Genome Campus.