Fantasía: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a literatura española a través de valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de caracter cómico(''Un ollo de vidro'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]],''Os Biosbardos''.
 
Nos escritores da [[Nova Narrativa Galega]] a fantasía aparecen de forma abundante en libros de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Xoán Casal]] e [[Carlos Casares]] aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos<ref>"Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega" Antón Risco ed galaxia 1995</ref>.
== Subxéneros ==
As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de [[ciencia ficción]] e [[terror]].
==Notas==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Xéneros literarios]]
418

edicións