Fantasía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q132311
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
[[Ficheiro:Men_hur_kommer_man_in_i_berget,_frågade_tomtepojken.jpg|miniatura|220px| Os [[gnomos]], do mesmo xeito que outras criaturas, poboan obras fantásticas, xeralmente de corte marabilloso.]]
O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero [[RPG]].
=== Literatura fantástica galega ===
Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do [[Rexurdimento]] que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o mal de ollo, os feitizos e maldicións,etc) no período intersecular aparecen xa os relatos fantásticos na obra de Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa. En 1898 Luis Otero Pimental publica a primeira novela fantástica en galageo," A campaña da caprecórneca" con elementos marabillosos e mesmo de ficción científica.
 
No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a literatura española a través de valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de caracter cómico(''Un ollo de vidro'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]],''Os Biosbardos''.
 
Nos escritores da [[Nova Narrativa Galega]] a fantasía aparecen de forma abundante en libros de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Xoán Casal]] e [[Carlos Casares]] aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos.
== Subxéneros ==
As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de [[ciencia ficción]] e [[terror]].