Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Bot:Ligazóns a Florencia
Liña 23:
[[Jacopo de'Barbari]] deu un paso máis aló coa súa ''Natureza morta con perdiz, luvas e frechas de ballesta'' (1504), un dos primeiros bodegóns [[Trompe-l'œil]] asinados e datados, cun contido relixioso reducido ao mínimo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 34</ref>
[[Ficheiro:Carracci-Butcher's shop.jpg|miniatura|dereita|300px|[[Annibale Carracci]], ''Carnicería'' (1583)]]
O século XVI viu unha explosión de interese no mundo natural e a creación de luxosas enciclopedias botánicas que documentaban os descubrimentos do Novo Mundo e Asis. Tamén impulsou o comezo da ilustración científica e a clasificación das especies. Os obxectos naturais comezaron a apreciarse como obxectos de estudo individuais aparte de calquera asociación mitolóxica ou relixiosa. A temperá ciencia dos remedios a base de herbas comezou igualmente nesta época, unha extensión práctica deste novo coñecemento. Ademais, os patronos ricos comezaron a financiar a colección de especies animais e minerais, creando amplos «gabinetes de curiosidades». Estes exemplares serviron como modelo para os pintores que buscaban realismo e novidade. Comezaron a coleccionarse e comercializarse cunchas, insectos, froitas exóticas e flores, e plantas novas, como o [[tulipán]] (importado a Europa dende [[Turquía]]), celebrábanse nos bodegóns.<ref>Ebert-Schifferer, pp. 54-56</ref> A explosión da horticultura espertou amplo interese por toda Europa, tendencia que os artistas capitalizaron producindo miles de bodegóns. Algunhas rexións e cortes tiñan intereses particulares. A representación de cítricos, por exemplo, era unha paixón particular da corte dos [[Médicis]] en [[Florencia - Firenze|Florencia]].<ref>Ebert-Schifferer, p. 64</ref> Esta grande difusión dos exemplares naturais e o crecente interese na ilustración natural por toda Europa, deu como resultado a creación prácticamente simultánea de naturezas mortas modernas ao redor do ano.<ref>Ebert-Schifferer, p. 75</ref>
 
Ao longo da segunda metade do [[século XVI]] a natureza morta evolucionara de xeito autónomo.<ref>Ebert-Schifferer, p.38</ref> Gradualmente, o contido relixioso diminuíu en tamaño e lugar nestas pinturas, aínda que as leccións morais seguiron estando implícitas. Un exemplo é ''A carnicería'' de [[Joachim Beuckelaer]] ([[1568]]), coa súa representación realista de carnes crúas dominando o primeiro plano, mentres que a escena do fondo transmite os perigos da ebriedade e a lascivia.<ref>Ebert-Schifferer, p. 45</ref> O tratamento de [[Annibale Carracci]] do mesmo tema en [[1583]] comeza a eliminar as mensaxes morais, como fixeron outras pinturas de bodegón de «cociña e mercado» deste período.<ref>Ebert-Schifferer, p. 47</ref>