Neue Slowenische Kunst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1266300
m Bot:Ligazóns a Florencia; cambios estética
Liña 1:
'''Neue Slowenische Kunst''' ("Nova Arte Eslovena" en [[lingua alemá|alemán]]), tamén coñecido como '''NSK''', é un colectivo artístico de gran controversia política, nacido en [[Eslovenia]] en 1984, cando o país aínda formaba parte da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]]. O nome en si mesmo é unha provocación, ó evocar ás ocupacións de Eslovenia por parte dos [[nazi]]s durante a [[Segunda Guerra Mundial]].
 
== Composición ==
O membro máis coñecido do colectivo é o grupo musical '''[[Laibach]]'''. Outros membros son '''[[IRWIN]]''' (pintura), '''[[Noordung]]''' (teatro; orixinalmente chamados ''Scipion Nasice Sisters Theater'', tamén coñecido como ''Red Pilot''), '''New Collective Studio''' (artes gráficas; tamén coñecido como ''New Collectivism''), '''Retrovision''' (películas e video), e o '''Department of Pure and Applied Philosophy''' (teoría).
 
== Características ==
A arte de NSK adoita usar elementos e símbolos do [[totalitarismo]] ou de movementos [[nacionalismo|nacionalistas]] extremos, de cotía reinventando o [[kitsch]] totalitario nun estilo visual con reminiscencias do [[dadaísmo]]. Os artistas da NSK adoitan xustapor símbolos de diferentes (e normalmente incompatibles) ideoloxías políticas. Así, un póster deseñado en 1987 causou un escándalo ó gañar unha competición da Celebración do Día da Mocidade Iugoslava (Yugoslavian Youth Day Celebration). No póster aparecía un cadro do artista nazi [[Richard Klein]], reemplazando a bandeira da Alemaña nazi pola bandeira de Iugoslavia, e a [[aguia]] alemá por unha pomba.
 
Tanto '''IRWIN''' como '''Laibach''' comparten a idea de que a súa obra é máis da colectividade que do grupo individual. As cancións orixinais e arranxos de Laibach son sempre atribuídas ó colectivo; os artistas individuais non son nomeados nos libretos dos discos. mesmo houbo dous grupos distintos de Laiback facendo xiras á vez, ambos con membros orixinais do grupo. Similarmente, os artistas de IRWIN nunca asinan a súa obra individualmente. Pola contra, eles están "asinados" cun certificado ou selo que os aproba como unha obra do colectivo IRWIN.
 
Desde 1991, NSK proclama a constitución dun estado, similar ó doutras micronacións. Isto incluiría pasaportes, presentar os espectáculos como embaixadas ou mesmo terrritorios do seu suposto estado, e manter consulados en numerosos cidades, como [[Umag]] ([[Croacia]]) ou [[Florencia - Firenze|Florencia]] ([[Italia]]). NSK tamén ten impreso selos postais. Laibach, en 2006, gravou (algunhas máis ben son remezclas) o Himno Estatal de NSK no CD "Volk", aínda que o "himno" adopta a súa melodía doutras cancións de Laibach, como "The Great Seal". A versión de Laibach do himno de NSK inclúe unha voz computarizada recitando un extracto do famoso manifesto "''We shall fight them on the beaches/We shall never surrender''" de [[Winston Churchill]].
 
O NSK foi obxecto en 1996 dun documental escrito e dirixido por [[Michael Benson]], titulado ''Prerokbe Ognja'' ("predicións do lume"). No documental aparece entrevistado o teórico esloveno [[Slavoj Žižek]].
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.nskstate.com páxina oficial de NSK]