Diferenzas entre revisións de «I Capuleti e i Montecchi»

m
Bot:Ligazóns a Florencia
m (Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Uu]bicaci[oó]n[ ]*= +|lugar=))
m (Bot:Ligazóns a Florencia)
A primeira representación de ''I Capuleti e i Montecchi'' tivo lugar o [[11 de marzo]] de [[1830]].<ref>[http://www.operatoday.com/content/2006/04/bellini_i_capul_1.php Historia da representación de Operatoday]</ref><ref>[http://www.operajaponica.org/synopses/icapuletisynopsis.htm Argumento de operajaponica]</ref><ref>Roddy Swanston,[http://www.onlinereviewlondon.com/index.php?option=com_content&view=article&id=534:i-capuleti-e-i-montecchi-oct-2003&catid=482:i-capuleti-e-i-montecchi-oct-2003&Itemid=723 "Review: I Capuleti e I Montecchi, English National Opera, The Barbican, 8-10 de outubro de 2003"], ''Online Review London''</ref>
 
Bellini preparou unha versión para o [[Teatro alla Scala]] de [[Milán]] ([[26 de decembro]] de [[1830]]), baixando a parte de Xulieta para a mezzosoprano [[Amalia Schütz-Oldosi]]. Os libretos máis antigos dividen a ópera en catro partes. En [[Boloña]] en [[1832]] [[María Malibrán]] remprazou a última parte coa escena da tumba do acto final da [[Giulietta e Romeo (Vaccai)|ópera]] de [[Nicola Vaccai]], unha tradición seguida polos Romeos contralto como Alboni (a escena de Vaccai está incluída como un apéndice na partitura vocal de [[Casa Ricordi|Ricordi]]). Esta versión se representou en [[París]] e [[Londres]] con Pasta como Romeo en [[1833]], mais en [[Florencia - Firenze|Florencia]] ao ano seguinte Giuseppina Ronzi de Begnis restaurou o final de Bellini. A interpretación de [[Wilhelmine Schröder-Devrient]] como Romeo en [[Leipzig]] ([[1834]]) e [[Magdeburg]] ([[1835]]) creou unha profunda impresión no xove [[Richard Wagner|Wagner]].
 
''I Capuleti e i Montecchi'' foi repuesta en [[1935]], con motivo do centenario da morte de Bellini, en [[Catania]] e en [[1954]] en [[Palermo]], con [[Giulietta Simionato]] como Romeo e [[Rosanna Carteri]] como Giulietta. En [[1966]] [[Claudio Abbado]] preparou unha versión para La Scala na que un tenor cantou Romeo, [[Jaime Aragall]]; o reparto incluiu a [[Renata Scotto]] e [[Margherita Rinaldi]] alternando no papel de Xulieta e [[Luciano Pavarotti]] como Tebaldo. Esta versión foi tamén interpretada en [[Ámsterdan]], [[Roma]] e [[Filadelfia]] e no [[Festival de Edimburgo]] de [[1967]] mais non se representou máis.
393.002

edicións