Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Bot:Ligazóns a Florencia
Liña 21:
 
=== Os hospitais no Renacemento ===
Na Europa occidental un dos primeiros edificios construídos exclusivamente como o hospital foi o que propuxo [[Filarete]], sobrenome de Antonio di Pietro Averlino (ca. 1400 - ca. 1469), arquitecto, escultor e teórico da arquitectura de [[Florencia - Firenze|Florencia]] para o ''Ospedale Maggiore'' ("Hospital Maior") da cidade de [[Milán]], en [[1456]]. Planeouno racionalmente, como unha [[cruz grega]] dentro dun cadrado, coa igrexa do hospital no centro, e dous grupos de salas que formaban un cruceiro, separadas por un patio, que tiñan dúas plantas delimitadas por galerías porticadas que servían para a circulación dos pacientes, abastecementos e médicos.
 
Este esquema serviu de exemplo para numerosos hospitais na Europa da época. En España, o arquitecto que mellor soubo adaptarse ás novas necesidades hospitalarias foi [[Henrique Egas]] (1455-1534), seguidor do modelo de Filarete, que construíu tres grandes hospitais: o Hospital Real de Santiago, o Hospital de Santa Cruz de Toledo e o Hospital Real de Granada.<ref>[http://lostoinsite.worpress.com/2008/09/17/cuando-la-arqitectura-cura ''Cuando la arquitectura cura'']</ref> Estes edificios funcionais respondían a unha política estatal moderna de asistencia aos enfermos e aos sectores marxinais da sociedade, orientada a facer desaparecer a mendicidade, coincidindo á vez coas novas ideas de limpeza, ornato e decoro das cidades renacentistas.