Estilicón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Bot:Ligazóns a Florencia; cambios estética
Liña 2:
'''Flavio Estilicón''' (''Flavius Stiliccho'' en [[latín]]), nado contra o [[359]] e finado no [[408]], foi un xeneral e un político do [[Imperio romano]].
 
== Traxectoria ==
=== Orixes ===
Nado antes do [[360]], Estilicón era un [[Bárbaros| bárbaro]] pola súa orixe. Era vándalo polo seu pai, sen dúbida comandante de escadrón de cabalería en tempos de [[Valente]]<ref> M. O’Flynn, Generalissimos of the Western Roman Empire, The Univ. of Alberta Press, 1983, p 15</ref> e romano pola súa mai, unha provinciana de [[Panonia]]<ref>San Xerome, contemporáneo de Estilicón</ref>.
 
=== Até 400 ===
Adepto da [[seita]] de [[Ario]], serviu inicialmente no [[exército romano]] como simple auxiliar, mais rapidamente ascendeu na escala de mando para chegar até ''[[magister militum]]'' (xefe de estado maior da milicia romana) desde [[385]]. Casou cunha [[Nobilitas|romana de estrato elevado]], [[Serena]], adquirindo de contado a [[Cidadán|cidadanía romana]]. En [[398]], Estilicón reforzou aínda máis a súa influencia sobre [[Flavio Honorio|Honorio]] facéndoo casar con a súa filla [[María (filla de Estilicón)|María]], e logo do pasamento desta, coa súa filla menor [[Thermantia]]. Despois da vitoria de Teodosio na batalla da Riparia Frigida en [[394]], Estilicón tomou o título de ''magister peditum praesentalis'', a máis salientable das dignidades militares do Occidente romano.
 
En [[395]], o emperador, moribundo, [[Teodosio I]], confíalle a rexencia do [[Imperio romano occidental]] en nome do xove emperador [[Flavio Honorio|Honorio]]. Estilicón tenta estender a súa rexencia a [[Arcadio]] e ao [[Imperio romano oriental]], enviando o oficial [[Godos|godo]] [[Gaínas]] a [[Constantinopla]]. Este elimina o prefecto do pretorio, [[Rufino]], que dirixe o imperio en Oriente, porén [[Gaínas]] gaña a confianza de [[Arcadio]] para o seu propio interese ([[400]]).
 
=== Defensor do Imperio ===
Xeneral enérxico, '''Estilicón''' protexeu con eficacia [[Italia]] contra as [[Grandes invasións|invasións bárbaras]], mais a conta de trasladar tropas que deixan desgornecida o ''limes'', a fronteira do [[río Rin]].
 
* No [[401]], [[vándalos]] e [[alanos]] invaden as provincias de [[Retia]] e do [[Nórico]]. Logo de vencelos, '''Estilicón''' instalounos na [[Italia]] setentrional, incorporándoos no seu exército.
 
* No [[402]], salva a Honorio, ameazado en [[Milán]] polos [[visigodos]] do rei [[Alarico I|Alarico]]. Derrótaos en Pollenza e Verona, rexeitándoos para a [[Iliria]]. A fin de asegurar unha mellor protección do emperador, fai trasladar a corte de [[Milán]] para [[Ravena]] e negocia con [[Alarico I|Alarico]] para asentar os visigodos na [[Iliria]].
 
* No ano [[406]], esmaga a invasión de [[Radagaiso]], á cabeza dos ostrogodos e outros pobos, preto de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. Mais non pode evitar a grande invasión do inverno de [[406]]/[[407]], que devasta a [[Galia]], á par que comeza a gañarse a animosidade das tropas romanas, suscitando un amotinamento contra os oficiais de orixe [[Xermanos|xermánica]], cada vez máis numerosos e influentes.
 
=== Caída ===
Persuadido polo seu entorno de que Estilicón está a conspirar en contra súa, [[Flavio Honorio|Honorio]], ordena en [[408]] o seu asasinato. Estilicón, perseguido polos secuaces do emperador, refúxiase nunha igrexa en Ravena, tendo obtido a promesa de que lle sería respectada a vida se saía, foi ferido de morte por [[Heracliano]] en canto saíu pola porta, o [[22 de agosto]] de [[408]].
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}