Toscana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot:Ligazóns a Florencia; cambios estética
Liña 13:
| bandeiraestado = {{ITAb}}
| estado = Italia
| capital = [[Florencia - Firenze|Florencia]]
| capital_poboación = 367.569 ([[2008]])
| capital_coor =
Liña 43:
|notas= <center>[http://www.regione.toscana.it Páxina Web Oficial]</center>
}}
'''Toscana'''<ref>{{DRAG|toscano}}</ref> é unha rexión do centro da [[Italia]] con 3,6 millóns de habitantes, con capital en [[Florencia - Firenze|Florencia]]. Ten límites ao norte coa [[Emilia-Romagna]], ao noroeste coa [[Liguria]], ao leste con [[Marche]] e [[Umbria]], ao oeste co [[Mar Lígur]] e o [[Mar Tirreno]].
 
A rexión, bañada polo mar Lígur na parte centro-setentrional e polo mar Tirreno na parte meridional, caracterízase por un litoral continental duns 230 km. O arquipélago toscano está constituído por 7 illas principais e algunhas illas minoritarias, moitas das cales son simples escollos aflorados, facendo un total de 167.
 
Toscana ademais é coñecida polas súas paisaxes e o seu legado artístico. Seis localidades da Toscana están declaradas [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]]: O centro histórico de [[Florencia - Firenze|Florencia]] en [[1982]], o centro histórico de [[Siena]] en [[1995]], a Praza da Catedral de [[Pisa]] en [[1987]], o centro histórico de [[San Gimignano]] en [[1990]], o centro histórico de [[Pienza]] en 1996 e o [[Val d'Orcia]] en [[2004]].
 
== Xeografía ==
Liña 63:
== Historia ==
[[Ficheiro:Chimera di Arezzo.jpg|miniatura|262px|A quimera de Arezzo, do [[-400|400 a.C.]]]]
[[Ficheiro:Sunset over florence 1.jpg|miniatura|262px|[[Florencia - Firenze|Florencia]], capital da Toscana]]
=== Culturas dos Apeninos e de Villanova ===
A historia pre-etrusca da zona, a finais das idades do Bronce e do Ferro, é paralela á dos primeiros [[Antiga Grecia|gregos]]. A área da Toscana estaba habitada polos pobos da chamada cultura dos Apeninos, a finais dos anos [[Século -II|segundo milenio antes de Cristo]] (ao redor dos anos 1.350 e 1.150 a.C.), que tiñan relacións comerciais coas civilizacións [[civilización minoica|Minoica]] e [[Período micénico|Micénica]] do [[Mar Exeo]]. Tras isto, chegou a coñecida coma cultura de Villanova (do 1.100 ao 700 a.C.) habitou a rexión e o resto do que sería a Etruria, ao longo de xefaturas. Máis tarde serían desenvolvidas cidades Cidades-Estado nos últimos anos desta cultura, antes da "orientalización" e da civilización Etrusca.
 
=== Os Etruscos ===
Liña 71:
 
=== Os Romanos ===
Pouco despois da absorción de Etruria, [[Roma Antiga|Roma]] estableceu as cidades de [[Lucca]], [[Pisa]], [[Siena]] e [[Florencia - Firenze|Florencia]], dotando á zona coas novas tecnoloxías e o desenvolvemento, garantindo a paz. Estes desenvolvementos inclúen as ampliacións das estradas existentes, a introdución de acuedutos e redes de sumidoiros, e a construción de moitos edificios, tanto públicos como privados. Máis tarde a civilización romana no oeste derrubouse, no [[século V]], e a rexión ficou en mans dos [[godos]] e outros pobos. No [[século VI]], os [[longobardos]] chegaron designado a Lucca coma capital do seu Ducado de Tuscia.
 
=== Idade Media ===
Os peregrinos que viaxaban ao longo da [[Vía Francigena]], entre [[Roma]] e [[Francia]], trouxeron a riqueza e o desenvolvemento durante o período medieval. A alimentación e a vivenda requirida por estes viaxeiros, fomentou o medre das comunidades ao redor das igrexas e das tabernas.
 
Mais tarde o conflito entre os Güelfos e Gibelinos, faccións que apoiaban ao [[Papa]]do e ao [[Sacro Imperio Romano]] no centro e o norte de [[Italia]] durante os séculos XII e XIII, dividiu ao pobo toscano. Estes dous factores deron lugar a varias poderosas e ricas comunas medievais na Toscana: [[Arezzo]], [[Florencia - Firenze|Florencia]], [[Lucca]], [[Pisa]] e [[Siena]]. O equilibrio entre estes concellos garantiuse polos activos que se posuían: Pisa un porto, Siena a banca, e Lucca a banca e a seda. Con todo, no renacemento, Florencia converteuse na capital cultural da Toscana.
 
=== O Renacemento ===
Liña 94:
== Demografía ==
[[Ficheiro:CampanileGiotto-01.jpg|miniatura|160px|Duomo de Florencia, cidade máis poboada da rexión]]
A densidade de poboación da Toscana, con 161 habitantes por km² en [[2008]], está por baixo da media nacional (198,8 habitantes por km²). Isto débese principalmente á baixa densidade de poboación das provincias de Arezzo, Siena e, sobre todo, Grosseto (con tan só 50 habitantes por km²). A maior densidade atópase na provincia de Prato (675 habitantes por km²), seguida polas provincias de Pistoia, Livorno, Lucca e Florencia, atopándose as máximas nas cidades de [[Florencia - Firenze|Florencia]] (máis de 3.500 por km²), [[Livorno]], [[Prato]], [[Viareggio]], [[Forte dei Marmi]] e [[Montecatini Terme]] (todos cunha densidade de poboación de máis de 1.000 habitantes por km²). A distribución territorial da poboación está estreitamente vinculada ao desenvolvemento socio-cultural e, máis recentemente, económico e industrial da Toscana.
 
En consecuencia, as zonas menos poboadas son as zonas onde a actividade principal é a agricultura, a diferenza dos outros lares nos que, a pesar da presenza dunha serie de grandes complexos industriais, as principais actividades están relacionadas co turismo e os servizos asociados, xunto cunha plétora de pequenas empresas do coiro, vidro, papel e roupa.
Liña 201:
O patrimonio desta rexión engloba a arquitectura, a pintura e a escultura, obras expostas en ducias de museos como o dos Uffizi en Florencia e "in situ" mesmo en poboacións moi pequenas. A Toscana tamén é moi coñecida polos seus viños (os máis famosos os de Chianti, Morellino dei Scansano e Brunello dei Montalcino) e ten 120 reservas naturais.
 
Hai cidades pequenas como [[Arezzo]], [[Lucca]], [[Sansepolcro]], [[Cortona]] ou [[Volterra]] que acentúan aínda máis o atractivo desta rexión, berce de personaxes como [[Dante Alighieri]], [[Giovanni Boccaccio]] ou [[Sandro Botticelli]], de [[Florencia - Firenze|Florencia]]; [[Miguelanxo]], nacido en [[Caprese Michelangelo|Caprese]]; [[Piero della Francesca]], orixinario de Sansepolcro; [[Guido de Arezzo]] ou [[Francesco Petrarca]], naturais de Arezzo; [[Giovanni da Verrazzano]], orixinario de Volterra; [[Luca Signorelli]] e [[Pietro da Cortona]] naturais de Cortona; [[Galileo Galilei]] de [[Pisa]] ou [[Leonardo da Vinci]].
 
Destinos turísticos de interese en Toscana son Florencia, Pisa, Lucca, Cortona, Maremma (na provincia de Grosseto), Crete Senesi e Siena. Aínda que é moi famosa polas súas vilas, a Toscana está actualmente promocionando o agroturismo.