Florín florentino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q650702
m Bot:Ligazóns a Florencia; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Fiorino 1347.jpg|miniatura|dereita|Florín de ouro de [[Florencia - Firenze|Florencia]] de [[1340]].]]
O '''florín florentino''' (''fiorino d'oro'' en [[lingua italiana|italiano]]) foi unha moeda medieval emitida en [[Florencia - Firenze|Florencia]] desde [[1252]], que se converteu na moeda de ouro de referencia en [[Europa]] nos [[século XIII|séculos XIII]] e [[século XIV|XIV]].
 
== Historia ==
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
 
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a flor de lis, emblema de [[Florencia - Firenze|Florencia]], coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).
 
O prestixio do florín florentino debeuse en gran medida á constancia do seu peso e á pureza da súa lei. Tratábase dunha moeda moi valorada polo seu peso de 3,5 gramos de ouro de case 24 quilates,<ref>O ouro puro é o de 14 quilates.</ref> a máis alta lei das moedas desta época.
Liña 15:
Pronto reduciuse a lei destes floríns, sobre todo o aragonés, a 18 quilates, e se produciron diminucións no peso con respecto aos floríns orixinais, o que acabou producindo o desprestixio do florín que, no [[século XV]], foi substituído como moeda de ouro de referencia polo [[Ducado (moeda)|Ducado de Venecia]].
 
== Notas ==
{{listaref|2}}