Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 199:
{{Artigo principal|Símbolos nacionais de Escocia}}
[[Ficheiro:Flag of Scotland.svg|miniatura|esquerda|200px|[[Bandeira de Escocia]]]]
A [[bandeira de Escocia]], coñecida como Saltire ou "Cruz de [[André Apóstolo|Santo André]]", data -segundo a lenda- do [[século IX]], polo que, de ser isto certo, sería un dos emblemas nacionais máis antigos aínda en uso.<ref>[http://www.siliconglen.com/Scotland/1_3.html The Saltire (Scotland's flag)]</ref><ref>[http://www.geo.ed.ac.uk/home/Scotland/saltire.html The Scottish Flag]</ref> Esta cruz tamén entrou a formar parte da [[bandeira do Reino Unido]] ou Union Jack en [[1606]]. Hai moitos outros símbolos de Escocia, oficiais ou non, tales como o [[cardo]] (a flor nacional), a [[Declaración de Arbroath]], o debuxo do [[tartán]], relacionado cos [[clans escoceses]], ou a bandeira do "León Rampante" que aparece no [[Estandarte Real de Escocia]].<ref>[http://www.rampantscotland.com/symbols/blsymbols_index.htm Symbols of Scotland]</ref> O lema nacional é ''[[Nemo me impune lacessit]]'', que pode traducirse como Ninguén me ofende impunemente", e que á súa vez vencéllase co cardo.
 
A canción ''[[Flower of Scotland]]'' é popularmente considerada como himno nacional de Escocia, competindo con ''Scotland the Brave''. A primeira é a que se emprega a maioría de acontecementos políticos e deportivos, por exemplo os encontros da [[selección de fútbol de Escocia]], mentres que a segunda úsase para representar a Escocia nos [[Xogos da Commonwealth]]. Dado que non existe un himno oficial, a disputa continúa aberta, especialmente tras a Devolución de poderes de [[1998]]. Existen outras cancións candidatas, como ''Scots Wha Hae'', ''A Man's A Man for a'That ou'', máis recentemente, ''I'm Gonna Be (500 Miles).''<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/scotland/4036123.stm A demanda dun himno cae en oídos xordos]</ref>