Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
O Parlamento Escocés é [[unicameral]], e está composto por 129 membros, 73 dos cales representan a un distrito electoral ou ''constituency'', e son elixidos polo sistema de [[escrutinio uninominal maioritario]], os restantes 56 membros son elixidos en só oito distritos electorais, mediante o sistema de representación proporcional; os cargos electos teñen unha duración de catro anos. Trala elección do Parlamento, este propón a un dos seus membros para ser nomeado [[Primeiro Ministro de Escocia]] (''First Minister of Scotland'' ou ''Prìomh Mhinistear na h-Alba'') pola Raíña. O resto dos ministros tamén son propostos polo Parlamento e aprobados pola Raíña, e forman, xunto co Primeiro Ministro, o [[Goberno de Escocia]], é dicir, o poder executivo escocés.
 
Nas [[eleccións ao Parlamento escocés de 2007]], o [[Partido Nacional Escocés]] (''Scottish National Party'' ou SNP) obtivo a [[maioría simple]]. O líder do partido, [[Alex Salmond]], foi elixido como ''First Minister'' dun goberno en minoría o [[6 de maio]] de [[2007]]. Outros partidos con representación na cámara son o [[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]], dirixido por Wendy Alexander; o [[Partido Conservador Escocés]], encabezado por Annabelle Goldie; o Partido Liberal-demócrata de Nicol Stephen e o Partido Verde Escocés, codirixido por Robin Harper. [[Margo MacDonald]] é ademais a única independente en obter un asento como membro do Parlamento Escocés.
 
Escocia ten ademais representación na [[Cámara dos Comúns do Reino Unido]], con 59 representantes elixidos en función dos distritos electorais escoceses. A ''[[Scotland Office]]'' ou "Oficina de Escocia", dirixida polo [[Secretario de Estado de Escocia]], é o departamento do [[Goberno Británico]] dedicado a tratar os asuntos relacionados con Escocia. Dende xuño de [[2007]], o cargo de Secretario de Estado para Escocia ocúpao Des Browne.
189.308

edicións