Diferenzas entre revisións de «Lipoproteína de moi baixa densidade»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
As '''lipoproteínas de moi baixa densidade''' ou '''VLDL''' (do inglés ''Very low density lipoproteíns'') son un dos cinco tipos de [[lipoproteína]]s (os outros son os [[quilomicrón]]s, [[IDL]], [[LDL]] e [[HDL]]), que transportan lípidos polo sangue. As VLDL orixínanse no [[fígado]] e a súa densidade é moi baixa entre as lipoproteínas (só é inferior a dos quilomicróns), e son as segundas en tamaño, cun diámetro entre 30 e 80 [[nanómetro|nanómetros]]s.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Gibbons GF, Wiggins D, Brown AM, Hebbachi AM.|title=Synthesis and function of hepatic very-low-density lipoprotein. |journal=Biochem Soc Trans. |volume=32 |pages=59–64 |year=2004|pmid=14748713 |issue=Pt 1 |doi=10.1042/bst0320059}}</ref> As VLDL ensámblanse no fígado a partir de [[triglicérido]]s, [[colesterol]], [[fosfolípido]]s e [[apolipoproteína]]s. Despois sofren modificacións e convértense no torrente sanguíneo en IDL e LDL. As VLDL transportan produtos lipídicos endóxenos polo corpo, mentres que os [[quilomicrón]]s transportan lípidos exóxenos procedentes da dieta. Recentemente, determinouse a composición lipídica <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Dashti M, Kulik W, Hoek F, Veerman EC, Peppelenbosch MP, Rezaee F.|title=A phospholipidomic analysis of all defined human plasma lipoproteins. |journal=Sci Rep. |volume=1 |issue=139 |year=2011|pmid=22355656 |doi=10.1038/srep00139 |pmc=3216620}}</ref> e proteica <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Dashty M, Motazacker MM, Levels J, de Vries M, Mahmoudi M, Peppelenbosch MP, Rezaee F.|title=Proteome of human plasma very low-density lipoprotein and low-density lipoprotein exhibits a link with coagulation and lipid metabolism. |journal=Thromb Haemost. |volume=23 |issue=111 |pages=518–530 |year=2014|pmid=24500811 |doi=10.1160/TH13-02-0178}}</ref> desta lipoproteína con gran detalle.
 
== Función ==
 
A VLDL transporta [[triglicérido]]s, [[fosfolípido]]s, e [[colesterol]] endóxenos, e [[éster do colesterol|ésteres do colesterol]]. Ademais serve para un transporte de longo alcance de mensaxeiros intercelulares hidrofóbicos, como a proteína morfóxena [[IHH (proteína) | Indian hedgehog]].<ref>{{citeCita publicación journalperiódica |author=Queiroz KC, Tio RA, Zeebregts CJ, Bijlsma MF, Zijlstra F, Badlou B, de Vries M, Ferreira CV, Spek CA, Peppelenbosch MP, Rezaee F.|title=Human plasma very low density lipoprotein carries. |journal=J Proteome Res. |volume=9 |issue=11 |pages=6052–6059 |year=2010|pmid=20839884 |doi=10.1021/pr100403q}}</ref>
 
== Cambios durante a circulación ==
As VLDL acabadas de liberar do fígado conteñen [[apolipoproteína B100]], [[apolipoproteína C1]] (apoC1), [[apolipoproteína E]] (apoE), [[colesterol]], [[éster do colesterol|ésteres do colesterol]], [[fosfolípido]]s e [[triglicérido]]s. A medida que circulan polo sangue sofren cambios na súa composición, xa que captan [[apolipoproteína C-II]] (apoC-II) e cantidades adicionais de apoE tomadas de [[lipoproteína de alta densidade|lipoproteínas de alta densidade]] (HDL), o que fai que as VLDL nacentes se convertan en VLDL maduras. Na circulación, as VLDL entran en contacto coa [[lipoproteína lipase]] (LPL) nos capilares (no [[tecido adiposo]], [[miocardio|cardíaco]], e [[músculo esquelético]]). O encima LPL retira os triglicéridos das VLDL para que as células os almacenen ou utilicen na produción de enerxía. Agora as VLDL encóntranse de novo con HDL, e transfiren de novo a apoC-II ás HDL (pero conservan a apoE). Pola súa parte, a HDL cede éstres do colesterol que se incorporan á VLDL intercambiándoos por fosfolípidos e triglicéridos pola acción da [[proteína de transferencia de colesterlésteres]] (CETP). A medida que, por acción da LPL e encimas CETP, se retiran cada vez máis triglicéridos das VLDL, a composición da partícula cambia, e transfórmase en [[lipoproteína de densidade intermedia]] (IDL).<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Shelness GS, Sellers JA. |title=Very-low-density lipoprotein assembly and secretion. |journal=Curr Opin Lipidol. |volume=12 |issue=2 |pages=151–157 |year=2001|pmid=11264986 |doi=10.1097/00041433-200104000-00008}}</ref>
 
Aproximadamente o 50% das IDLs son recoñecidas polos receptores nas células do fígado grazas a que posúen moléculas de [[apolipoproteína B|apolipoproteína B-100]] (apoB-100) e apoE, e seguidamente son [[endocitose|endocitadas]]. O outro 50% das IDL perden a súa apoE. Cando o seu contido en colesterol se fai maior ca o seu contido en triglicéridos, convértense en [[lipoproteína de baixa densidade|lipoproteínas de baixa densidade]] (LDL), que posúen apoB-100 como principal apolipoproteína. As LDL son captadas pola célula por medio do [[receptor de LDL]] da superficie celular por endocitose, na cal o seu contido será almacenado, utilizado para a fabricación de membranas, ou convertido en produtos derivados como [[hormona]]s [[esteroide]]s ou [[ácido biliar|ácidos biliares]].<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Shelness GS, Sellers JA. |title=From cholesterol transport to signal transduction: low density lipoprotein receptor, very low density lipoprotein receptor, and apolipoprotein E receptor-2. |journal=Biochim Biophys Acta. |volume=1529 |pages=287–298 |year=2000|pmid= 11111096 |doi=10.1016/S1388-1981(00)00155-4 |issue=1-3}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Hiperlipidemia]]
* [[Perfil lipídico]]
 
{{Metabolismo das lipoproteínas}}
 
 
[[Categoría:Lipoproteínas]]
393.002

edicións