Diferenzas entre revisións de «Luteína»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
A luteína é unha molécula [[lipofílico|lipofílica]] e é case insoluble en auga. A presenza na molécula dunha longa rexión [[cromóforo|cromófora]] con dobres enlaces conxugados (cadea de [[polieno]]) dálle a súa capacidade de absorber luz. A cadea de polieno é susceptible de degradación oxidativa pola luz ou calor e é quimicamente inestable aos ácidos.
 
A luteína está presente nas plantas en forma de [[éster]] de [[ácido graxo|ácidos graxos]], xa que se une a un ou dous ácidos graxos polos seus grupos [[hidroxilo]]. Por esta razón, a [[saponificación]] (des-esterficación) dos ésteres da luteína para liberar a luteína pode producir luteína nunha proporción molar de 1:1 a 1:2 con respecto aos ácidos graxos saponificados.
 
A luteína é un [[isómero]] da [[zeaxantina]], da que se diferencia só pola situación dun dos dobres enlaces.
 
== Como pigmento ==
Esta [[xantofila]], igual que a [[zeaxantina]], foi utilizada principalmente como colorante natural debido á súa cor vermella-alaranxada cando está concentrada. A luteína absorbe luz azul e, por tanto, ten cor amarela cando está en baixas concentracións e vermella-alaranxada cando está a altas concentracións. A luteína é tamén anxioxénica e inhibe o [[factor de crecemento endotelial vascular|VEGF]].
 
A luteína utilizouse tradicionalmente na alimentación dos polos para darlle unha cor máis amarela á pel dos polos criados para a produción de carne, que era unha cor máis apreciada polos consumidores. Ademais, a fortificación con luteína tamén orixina unha cor amarela máis forte nas xemas dos ovos, e actualmente darlle esa cor aos ovos pasou a ser a principal razón para engadir luteína ao alimento dos polos. A luteína non se usa como colorante noutros alimentos debido á súa limitada estabilidade, especialmente en presenza doutros colorantes.
 
== Función no ollo humano ==
A luteína está concentrada na [[mácula da retina]], unha pequena área da retina responsable da visión central. A hipótese que explica esta concentración natural di que a luteína axuda a manter os ollos protexidos do [[estrés oxidativo]] e dos [[fotón]]s de alta enerxía da luz azul. Varios estudos indicaron que hai unha relación directa entre o consumo de luteína e a [[pigmentación]] macular do ollo.<ref name="Malinow1980">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Malinow MR, Feeney-Burns L, Peterson LH, Klein ML, Neuringer M |title=Diet-related macular anomalies in monkeys |journal=Invest. Ophthalmol. Vis. Sci. |volume=19 |issue=8 |pages=857–63 |date=August 1980 |pmid=7409981 |url=http://www.iovs.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=7409981}}</ref><ref name="Johnson2000">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Johnson EJ, Hammond BR, Yeum KJ, et al. |title=Relation among serum and tissue concentrations of lutein and zeaxanthin and macular pigment density |journal=Am. J. Clin. Nutr. |volume=71 |issue=6 |pages=1555–62 |date=June 2000 |pmid=10837298 |url=http://www.ajcn.org/cgi/content/full/71/6/1555}}</ref><ref name="Ref_c">Landrum, J., ''et al.'' Serum and macular pigment response to 2.4 mg dosage of lutein. in ARVO. 2000.</ref><ref name="Berendschot2000">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Berendschot TT, Goldbohm RA, Klöpping WA, van de Kraats J, van Norel J, van Norren D |title=Influence of lutein supplementation on macular pigment, assessed with two objective techniques |journal=Invest. Ophthalmol. Vis. Sci. |volume=41 |issue=11 |pages=3322–6 |date=October 2000 |pmid=11006220 |url=http://www.iovs.org/cgi/content/full/41/11/3322}}</ref><ref name="Aleman2001">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Aleman TS, Duncan JL, Bieber ML, et al. |title=Macular pigment and lutein supplementation in retinitis pigmentosa and Usher syndrome |journal=Invest. Ophthalmol. Vis. Sci. |volume=42 |issue=8 |pages=1873–81 |date=July 2001 |pmid=11431456 |url=http://www.iovs.org/cgi/content/full/42/8/1873}}</ref><ref name="Duncan2002">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Duncan JL, Aleman TS, Gardner LM, et al. |title=Macular pigment and lutein supplementation in choroideremia |journal=Exp. Eye Res. |volume=74 |issue=3 |pages=371–81 |date=March 2002 |pmid=12014918 |doi=10.1006/exer.2001.1126 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0014483501911261}}</ref><ref name="Johnson2005">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Johnson EJ, Neuringer M, Russell RM, Schalch W, Snodderly DM |title=Nutritional manipulation of primate retinas, III: Effects of lutein or zeaxanthin supplementation on adipose tissue and retina of xanthophyll-free monkeys |journal=Invest. Ophthalmol. Vis. Sci. |volume=46 |issue=2 |pages=692–702 |date=February 2005 |pmid=15671301 |doi=10.1167/iovs.02-1192 |url=http://www.iovs.org/cgi/content/full/46/2/692}}</ref>
 
A luteína pode ter un papel no [[fenómeno entóptico]] chamado [[cepillo de Haidinger]], que permite aos humanos detectar a [[luz polarizada]].
 
=== Dexeneración macular ===
Varios estudos indicaron que o incremento na pigmentación na mácula diminúe o risco de ter doenzas oculares como a [[dexeneración macular]] relacionada coa idade (AMD).<ref name="Richer1999">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Richer S |title=ARMD—pilot (case series) environmental intervention data |journal=J Am Optom Assoc |volume=70 |issue=1 |pages=24–36 |date=January 1999 |pmid=10457679 }}</ref><ref name=Richer2004>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Richer S, Stiles W, Statkute L, et al. |title=Double-masked, placebo-controlled, randomized trial of lutein and antioxidant supplementation in the intervention of atrophic age-related macular degeneration: the Veterans LAST study (Lutein Antioxidant Supplementation Trial) |journal=Optometry |volume=75 |issue=4 |pages=216–30 |date=April 2004 |pmid=15117055 }}</ref><ref name="Age2001">{{citeCita journalpublicación periódica |author= |title=A randomized, placebo-controlled, clinical trial of high-dose supplementation with vitamins C and E, beta carotene, and zinc for age-related macular degeneration and vision loss: AREDS report no. 8 |journal=Arch. Ophthalmol. |volume=119 |issue=10 |pages=1417–36 |date=October 2001 |pmid=11594942 |pmc=1462955 |author1= Age-Related Eye Disease Study Research Group |doi=10.1001/archopht.119.10.1417}}</ref> O único ensaio clínico aleatorizado que demostrou un beneficio da luteína na dexeneración macular foi un pequeno estudo no cal os autores concluíron que a función visual mellora coa luteína (soa ou xunto con outros nutrientes) e tamén que eran necesarios maiores estudos.<ref name=Richer2004/>
 
Hai probas epidemiolóxicas de que existe unha relación entre as concentracións baixas no [[plasma sanguíneo]] de luteína e zeaxantina, e un incremento do risco de desenvolver [[dexeneración macular relacionada coa idade]] (AMD).
En 2013, informouse en JAMA dos resultados do Estudo 2 de enfermidades oculares relacionadas coa idade (AREDS2, do inglés ''Age-related Eye Disease Study 2''). O estudo AREDS2 foi un estudo que duron cinco anos deseñado para comprobar se a formulación [[AREDS]] orixinal que se vira que reducía a progresión de dexeneración macular relacionada coa idade nun 25% podería ser mellorada engadindo algúns dos seguintes compoñentes: ácidos graxos [[omega-3]]; luteína e zeaxantina; retirando o [[beta-caroteno]]; ou reducindo o [[cinc]].<ref name="AREDS2">http://www.nei.nih.gov/news/pressreleases/050513.asp</ref> No AREDS2, os participantes tomaron unha destas catro formulacións AREDS: a formulación AREDS orixinal, a formulación sen beta-caroteno, o AREDS baixo en cinc, e o AREDS sen beta-caroteno e baixo en cinc.<ref name="AREDS2" /> Ademais, tomaban unha de catro suplementacións ou combinacións adicionais, entre as que estaban a luteína e zeaxantina (10&nbsp;mg e 2&nbsp;mg), ácidos graxos omega-3, luteína/zeaxantina e ácidos graxos omega-3, ou placebo.<ref name="AREDS2" /> O resultado foi que non se observaba un beneficio adicional global ao engadir ácidos graxos omega-3 ou luteína e zeaxantina á formulación.<ref name="AREDS2" /> Porén, o estudo atopou beneficios en dous subgrupos de participantes: os que non tomaron beta-caroteno, e os que tiñan pouca luteína e zeaxantina na súa dieta.<ref name="AREDS2" /> A eliminación do beta-caroteno non freaba os efectos protectores da formulación contra o desenvolvemento de dexeneración macular avanzada relacionada coa idade en estado avanzado, o cal era importante porque as altas doses de beta-caroteno foran ligadas cun alto risco de padecer cancro de pulmón en fumadores.<ref name="AREDS2" /> Recomendouse substituír o beta-caroteno por luteína e zeaxantina en futuras formulacións.<ref name="AREDS2" />
 
=== Cataratas ===
Hai tamén evidencias epidemiolóxicas de que o incremento do consumo de luteína e zeaxantina diminúe o risco de desenvolver [[catarata]]s.<ref name="PMID17846363" /><ref name=PM18332316>{{cite web |url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18332316 |title=Associations between age-related nuclear cataract and lutein and zeaxanthin in the diet and serum in the Carotenoids in the Age-Related Eye Disease Study, an Ancillary Study of the Women's Health Initiative. }}</ref> Aínda que algunhas metaanálises non obtiveron resultados tan claros sobre estes beneficios.<ref name="Chong2007">{{citeCita journalpublicación periódica | author = Chong EW, Wong TY, Kreis AJ, Simpson JA, Guymer RH | title = Dietary antioxidants and primary prevention of age related macular degeneration: systematic review and meta-analysis | journal = [[BMJ (Clinical Research Ed.)]] | volume = 335 | issue = 7623 | page = 755 |date=October 2007 | pmid = 17923720 | pmc = 2018774 | doi = 10.1136/bmj.39350.500428.47 | url = }}</ref> O consumo de máis de 2,4&nbsp;mg de luteína/zeaxantina diariamente procedente dos alimentos ou de suplementos foi correlacionado significativamente cunha redución da incidencia das opacidades do [[cristalino]], como revelaron os datos recollidos durante un período de 13 a 15 anos no ''Nutrition and Vision Project'' (NVP).<ref>{{citeCita journalpublicación periódica | pmid = 20590393 | year = 2010 | last1 = Barker Fm | first1 = 2nd | title = Dietary supplementation: effects on visual performance and occurrence of AMD and cataracts. | volume = 26 | issue = 8 | pages = 2011–23 | doi = 10.1185/03007995.2010.494549 | journal = Current medical research and opinion}}</ref>
 
=== Fotofobia ===
Un estudo de 2010 publicado na revista ''[[Journal of Food Science]]'', discutiu a mellora nas prestacións visuais e a diminución na sensibilidade á luz en suxeitos que tomaban 10&nbsp;mg de luteína e 2&nbsp;mg de zeaxantina ao día.<ref name="Ref_f">{{citeCita journalpublicación periódica |last1=Stringham |first1=James M., et al. |date=January–February 2010 |title=The Influence of Dietary Lutein and Zeaxanthin on Visual Performance |journal=[[Journal of Food Science]] |volume=75 |issue=1 |pages=R24–R29 |doi=10.1111/j.1750-3841.2009.01447.x |url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1750-3841.2009.01447.x/abstract |accessdate=January 15, 2013 |pmid=20492192}}</ref>
 
== En nutrición ==
A luteína é unha parte natural da dieta humana ao consumírense froitas e verduras. Para os individuos que teñen un consumo insuficiente de luteína hai alimentos fortificados con luteína e suplementos dietéticos. Actualmente non hai un [[consumo diario recomendado]] para a luteína, pero observáronse efectos positivos con consumos de 6–10&nbsp;mg/día.<ref name="Seddon1994">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Seddon JM, Ajani UA, Sperduto RD, et al. |title=Dietary carotenoids, vitamins A, C, and E, and advanced age-related macular degeneration. Eye Disease Case-Control Study Group |journal=JAMA |volume=272 |issue=18 |pages=1413–20 |date=November 1994 |pmid=7933422 |doi=10.1001/jama.272.18.1413 }}</ref> O único efecto secundario claramente observado do exceso de luteína é o bronceamento da pel ([[carotenodermia]]).
 
A diferenza funcional entre a luteína (forma libre) e os [[éster]]es da luteína non se coñece ben. Suxírese que a [[biodispoñibilidade]] é máis baixa para os ésteres da luteína, pero o debate aínda continúa.<ref name="pmid12468605">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Bowen PE, Herbst-Espinosa SM, Hussain EA, Stacewicz-Sapuntzakis M |title=Esterification does not impair lutein bioavailability in humans |journal=J Nutr |volume=132 |issue=12 |pages=3668–73 |year=2002 |pmid=12468605}}</ref>
 
Como [[aditivo alimentario]], a luteína ten o [[números E|número E]] E161b e adoita extraerse dos pétalos da planta [[asterácea]] ''[[Tagetes erecta]]''.<ref name="Ref_d">[http://www.codexalimentarius.net/gsfaonline/additives/details.html?id=384 WHO/FAO Codex Alimentarius General Standard for Food Additives]</ref> O seu uso está aprobado na [[Unión Europea]].<ref>UK Food Standards Agency: {{cite web |url=http://www.food.gov.uk/safereating/chemsafe/additivesbranch/enumberlist |title=Current EU approved additives and their E Numbers |accessdate=2011-10-27}}</ref>
 
Algúns alimentos considéranse boas fontes deste composto:<ref name="PMID17846363">{{citeCita journalpublicación periódica |author=SanGiovanni JP, Chew EY, Clemons TE, et al. |title=The relationship of dietary carotenoid and vitamin A, E, and C intake with age-related macular degeneration in a case-control study: AREDS Report No. 22 |journal=Arch. Ophthalmol. |volume=125 |issue=9 |pages=1225–32 |date=September 2007 |pmid=17846363 |doi=10.1001/archopht.125.9.1225 |url=http://archopht.ama-assn.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=17846363}}</ref><ref name="Ref_e">[http://www.reuters.com/article/2007/09/10/us-eyesight-nutrients-idUSN0746200620070910 Reuters, Study finds spinach, eggs ward off cause of blindness]</ref><ref name="Ref_USDA">[http://www.nal.usda.gov/fnic/foodcomp/search/ USDA National Nutrient Database for Standard Reference, Release 23 (2010)]</ref><ref name="nasturtium">{{CiteCita journalpublicación periódica | doi = 10.1111/j.1365-2621.2005.tb08336.x
| issn = 1750-3841
| volume = 70
</center>
 
== Valor comercial ==
O mercado da luteína é un dos que máis crece dentro do sector dos carotenoides e está segmentado nos sectores farmacéutico, nutracéutico, alimenticio, de alimentos para mascotas, e de alimentos para animais e peixes. Estanselle a dar novas aplicacións en cosmética e como antioxidante.<ref name="Ref_g">FOD025C The Global Market for Carotenoids, [[BCC Research]]</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Zeaxantina]]
* [[Mácula da retina]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.luteininfo.com Lutein Information Bureau]
* [http://ndb.nal.usda.gov/ndb/search/list National Nutrient Database]
 
[[Categoría:Carotenoides]]
393.002

edicións