Costámero: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[Ii]mage +Imaxe); cambios estética |
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal |
||
Liña 22:
[[Ficheiro:Costamere structure in mouse quadriceps - journal.pone.0002604.g003-cropped.png|miniatura|Cuadríceps de rato marcado con anticorpos policlonais para a [[distrofina]], sinalando a posición dos costámeros.]]
O '''costámero''' é un compoñente estrutural e funcional das células do [[músculo estriado]]<ref>{{MeshName|Costameres}}</ref> que conecta o [[sarcómero]] do interior da célula coa [[membrana plasmática]]<ref>{{
Os costámeros son ensamblaxes de proteínas subsarcolemais aliñadas circunferencialmente en correspondencia co [[disco Z]] (ou liña Z) das [[miofibrila]]s periféricas, ao que están ancorados. Acoplan fisicamente a forza xerada nos sarcómeros co [[sarcolema]] (membrana da célula muscular) nas fibras musculares estriadas, polo que son considerados un dos compoñentes fundamentais da morfoloxía do músculo estriado, e cando están alterados crese que contribúen directamente ao desenvolvemento de varias [[miopatía]]s.<ref>{{
O sarcolema da fibra muscular, ademais de estar unido internamente ao sarcómero por medio do costámero, está unido tamén á [[matriz extracelular]] exterior por conexións entre o costámero e dita matriz por medio do complexo DAG. O '''complexo de glicoproteínas asociadas á distrofina''' ('''DAG''', do inglés ''dystrophin-associated glycoprotein'') contén varias [[proteína de membrana|proteínas de membrana]] [[proteína periférica de membrana|periféricas]] e [[proteína integral de membrana|integrais]], como os [[distroglicano]]s e [[sarcoglicano]]s, que se pensa que son responsables da unión do sistema citoesquelético interno dunha [[fibra muscular]] con proteínas estruturais da matriz extracelular (como o [[coláxeno]] e a [[laminina]]). Por tanto, é unha das características do sarcolema que contribúe a acoplar o [[sarcómero]] co [[tecido conectivo]] extracelular.<ref>{{
== Notas ==
|