Streptococcus pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 29:
En 1881, illouse por primeira vez o organismo que se coñece como pneumococo polo seu papel como axente causante da pneumonía, de forma simultánea e independente polo médico norteamericano [[George Miller Sternberg|George Sternberg]] e o químico francés [[Louis Pasteur]].
 
O organismo foi denominado ''Diplococcus pneumoniae'' desde 1920<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Winslow, C., and J. Broadhurst |year=1920 |title=The Families and Genera of the Bacteria: Final Report of the Committee of the Society of American Bacteriologists on Characterization and Classification of Bacterial Types |journal=J Bacteriol |volume=5 |issue=3 |pages=191–229 |pmid=16558872 |pmc=378870}}</ref> pola súa característica aparencia de diplococo nos esputos tratados con [[tinguidura de Gram]]. Foi renomeado como ''Streptococcus pneumoniae'' en 1974 debido ao seu crecemento en cadeas en medios líquidos.
 
''S. pneumoniae'' xogou un papel fundamental para demostrar que o material xenético era o [[ADN]] (inicialmente moitos pensaban que eran as [[proteína]]s). En 1928, [[Frederick Griffith]] demostrou a existencia da [[transformación bacteriana]], convertendo pneumococos benignos en formas virulentas letais ao inocular en ratos pneumococos de colonias rugosas, non capsulados, benignos (cepa R) xunto con outros mortos pola calor, capsulados, virulentos e de colonias lisas (cepa S). Griffith pensaba que algún "factor transformante" pasaba das bacterias da cepa S ás da R e causaba a transformación (as R pasaban a ser S), pero non soubo determinar que era. O [[experimento de Griffith]] foi continuado en 1944 por [[Oswald Avery]] e os seus colaboradores, que demostraron que o "factor transformante" que provocaba o cambio nos pneumococos era o ADN. O ADN levaba os xenes para a formación da cápsula, que facía á bacteria virulenta.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Avery OT, MacLeod CM, and McCarty M |year=1944 |title=Studies on the chemical nature of the substance inducing transformation of pneumococcal types: induction of transformation by a desoxyribonucleic acid fraction isolated from pneumococcus type III |journal=J Exp Med |volume=79 |issue=2 |pages=137–158 |pmc=2135445 |pmid=19871359 |doi=10.1084/jem.79.2.137}}</ref> Os [[experimento de Avery|traballos de Avery]] foron o nacemento da era molecular da xenética.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Lederberg J |title=The Transformation of Genetics by DNA: An Anniversary Celebration of Avery, Macleod and Mccarty (1944) |journal=Genetics |volume=136 |issue=2 |pages=423&ndash;6 |year=1994 |pmid=8150273 |pmc=1205797}}</ref>
 
== Xenética ==
O [[xenoma]] de ''S. pneumoniae'' é un molécula de ADN circular que contén entre 2,0 e 2,1 millóns de [[par de bases|pares de bases]], dependendo da cepa. Ten un conxunto central de 1553 [[xene]]s, e outros 154 xenes no seu [[viruloma]], que contribúen á virulencia, e 176 xenes que manteñen un [[fenotipo]] non invasivo. A información xenética pode variar ata un 10% entre distintas cepas.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |title=Pathogenesis, treatment, and prevention of pneumococcal pneumonia |author=van der Poll T, Opal SM |journal=Lancet |year=2009 |volume=374 |issue=9700 |pages=1543–56 |pmid=19880020 |doi=10.1016/S0140-6736(09)61114-4}}</ref>
 
== Transformación en ''S. pneumoniae'' ==
A [[transformación xenética]] natural bacteriana implica a transferencia de ADN desde unha bacteria a outra a través do medio que as rodea. A transformación é un proceso do desenvolvemento complexo que require enerxía, dependente da [[expresión xénica|expresión]] de numerosos xenes (en ''S. pneumoniae'' cómpren polo menos 23 xenes). Para que unha bacteria se una e capte ADN exóxeno e o recombine no seu cromosoma debe de entrar nun estado fisiolóxico especial, chamado competencia.
 
A competencia en ''S. pneumoniae'' é inducida por axentes que danan o ADN, como a mitomicina C (un axente que promove enlaces cruzados entre fibras de ADN) e os [[antibiótico]]s fluoroquinolonas, como norfloxacina, levofloxacina e moxifloxacina (inhibidores da [[topoisomerase]] que causan roturas na [[dobre hélice]] do ADN).<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Claverys JP, Prudhomme M, Martin B |title=Induction of competence regulons as a general response to stress in gram-positive bacteria |journal=Annu. Rev. Microbiol. |volume=60 |issue= |pages=451–75 |year=2006 |pmid=16771651 |doi=10.1146/annurev.micro.60.080805.142139 |url=}}</ref> A transformación protexe a ''S. pneumoniae'' contra os efectos bactericidas da mitomicina C.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Engelmoer DJ, Rozen DE |title=Competence increases survival during stress in Streptococcus pneumoniae |journal=Evolution |volume=65 |issue=12 |pages=3475–85 |year=2011 |month=December |pmid=22133219 |doi=10.1111/j.1558-5646.2011.01402.x |url=}}</ref> Michod et al.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Michod RE, Bernstein H, Nedelcu AM |title=Adaptive value of sex in microbial pathogens |journal=Infect. Genet. Evol. |volume=8 |issue=3 |pages=267–85 |year=2008 |month=May |pmid=18295550 |doi=10.1016/j.meegid.2008.01.002 |url=}}http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf </ref> recompilaron probas de que a indución da competencia en ''S. pneumoniae'' está asociada cun incremento da resistencia ao [[estrés oxidativo]] e un incremento da expresión da proteína RecA, un compoñente chave da maquinaria de reparación recombinacional para [[reparación do ADN|reparar os danos no ADN]]. Baseándose nestes descubrimentos, suxeriron que a transformación é unha adaptación para a reparación dos danos oxidativos no ADN. A infección por ''S. pneumoniae'' estimula os [[leucocito]]s polimorfonucleares ([[neutrófilo]]s) a producir unha [[explosión oxidativa]], que é potencialmente letal para as bacterias. A capacidade de ''S. pneumoniae'' de reparar os danos oxidativos no ADN do seu xenoma, causados polas defensas do hóspede, probablemente contribúe á virulencia deste patóxeno.
 
== Infección e diagnose ==
Liña 46:
''S. pneumoniae'' forma parte da flora normal do tracto respiratorio superior, pero, como ocorre tamén con outros membros da flora natural, pode facerse patóxeno en certas condicións (por exemlo, se o [[sistema inmunitario]] do hóspede está suprimido). As invasinas, como a [[pneumolisina]], a presenza dunha cápsula anti[[fagocitose|fagocítica]], varias [[adhesina]]s e compoñentes inmunoxénicos da parede celular son todos factores de virulencia importantes.
 
A diagnose faise xeralmente baseándose na sospeita clínica da súa presenza xunto con cultivos positivos feitos a partir de mostras de practicamente calquera parte do corpo. Unha titulación ASO de >200 unidades é significativa. <ref name="Siemieniuk 2011">{{citeCita journalpublicación periódica|last=Siemieniuk|first=Reed A.C.|coauthors= Greg son, Dan B.; Gill, M. John |title=The persisting burden of invasive pneumococcal disease in HIV patients: an observational cohort study|journal=BMC Infectious Diseases|year=2011|month=Nov|volume=11|doi=10.1186/1471-2334-11-314|pmid=22078162|url=http://www.biomedcentral.com/content/pdf/1471-2334-11-314.pdf|pages=314|pmc=3226630}}</ref> ''S. pneumoniae'' é, en xeral, sensible á [[optoquina]], pero tamén se detectou resistencia a esta substancia.<ref>{{CiteCita journalpublicación periódica |title=Optochin resistance in ''Streptococcus pneumoniae'': mechanism, significance, and clinical implications |journal=Journal of Infectious Diseases |url=http://www.journals.uchicago.edu/doi/pdf/10.1086/322803?cookieSet=1 |volume=184 |issue=5 |pages=582–590 |year=2001 |pmid=11474432 |doi=10.1086/322803 |author8=Pikis A, Campos JM, Rodriguez WJ, Keith JM |last1=Pikis |first1=A |last2=Campos |first2=JM |last3=Rodriguez |first3=WJ |last4=Keith |first4=JM}}</ref>
 
A [[atromentina]] e a [[leucomelona]] posúen actividade antibacteriana, inhibindo o [[encima]] [[enoíl-acil proteína portadora redutase]] (esencial para o metabolismo de [[ácido graxo|ácidos graxos]] en ''S. pneumoniae'').<ref name=Zheng2006>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Zheng CJ, Sohn MJ, Kim WG. |year=2006 |title=Atromentin and leucomelone, the first inhibitors specific to enoyl-ACP reductase (FabK) of ''Streptococcus pneumoniae'' |journal=Journal of Antibiotics |volume=59 |issue=12 |pages=808–12 |doi=10.1038/ja.2006.108 |pmid=17323650}}</ref>
 
A '''identificación do pneumococo''' lévase a cabo por medio de tres probas:
Liña 61:
Existen vacinas contra esta bacteria de polisacáridos purificados e recombinantes (co polisacárido unido a proteínas).
 
A vacina de polisacáridos consta de polisacáridos purificados de 23 [[serotipo]]s da bacteria (1, 2, 3, 4, 5, 6b, 7F, 8,9N, 9V, 10A, 11A, 12F, 14, 15B, 17F, 18C, 19F, 19A, 20, 22F, 23F e 33F).<ref name=Pletz>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Pletz MW, Maus U, Krug N, Welte T, Lode H |title=Pneumococcal vaccines: mechanism of action, impact on epidemiology and adaption of the species |journal=Int. J. Antimicrob. Agents |volume=32 |issue=3 |pages=199–206 |year=2008 |month=September |pmid=18378430 |doi=10.1016/j.ijantimicag.2008.01.021 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0924-8579(08)00053-8}}</ref> Estimula as [[célula B|células B]] a liberar [[IgM]]<ref name=Pletz /> sen a axuda de células T,<ref name=Stein >{{citeCita journalpublicación periódica |author=Stein KE |title=Thymus-independent and thymus-dependent responses to polysaccharide antigens |journal=J. Infect. Dis. |volume=165 |issue=Suppl 1 |pages=S49–52 |year=1992 |month=June |pmid=1588177 |url=http://www.jid.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=1588177}}</ref> pero non sempre é efectiva e a inmunidade non é moi duradeira.
 
A vacina conxugada consta de polisacáridos capsulares unidos covalentemente co toxoide diftérico CRM197, que é moi inmunoxénico pero non tóxico. Estimula principalmente as [[célula T|células T]] e [[célula B de memoria|células B de memoria]], e produce unha inmunidade máis duradeira, pero contra menos serotipos.<ref name=Pletz />
Liña 76:
 
== Interacción con ''Haemophilus influenzae'' ==
No tracto respiratorio superior humano poden encontrarse tanto a bacteria ''[[Haemophilus influenzae]]'' coma ''S. pneumoniae''. Un estudo de competición ''[[in vitro]]'' revelou que ''S. pneumoniae'' domina a ''H. influenzae'' ao atacala con [[peróxido de hidróxeno]].<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Pericone, Christopher D., Overweg, Karin, Hermans, Peter W. M., Weiser, Jeffrey N. |title=Inhibitory and Bactericidal Effects of Hydrogen Peroxide Production by Streptococcus pneumoniae on Other Inhabitants of the Upper Respiratory Tract |journal=Infect Immun |volume=68 |issue=7 |pages=3990&ndash;3997 |year=2000 |pmid=10858213 |doi=10.1128/IAI.68.7.3990-3997.2000 |pmc=101678}}</ref>
 
Cando ambas as bacterias están xuntas ''[[in vivo]]'' na cavidade nasal dun rato, en dúas semanas, só ''H. influenzae'' sobrevive. Cando ambas as dúas se sitúan separadamente en distintas zonas da cavidade nasal, sobreviven ambas. Examinando o tracto respiratorio superior dun rato exposto a ambas as bacterias, encóntrase un número extraordinariamente alto de [[neutrófilo]]s do sistema inmunitario. En ratos expostos a só unha das bacterias, estes neutrófilos non están presentes.
Liña 87:
# A combinación de dúas especies pon en marcha unha alarma do sistema inmunitario que non se pon en funcionamento se está presente só unha das especies.
 
Non está claro por que ''H. influenzae'' non é afectada pola resposta do sistema inmunitario.<ref name="PLosPathog2006-Lysenko">{{citeCita journalpublicación periódica | author=Lysenko ES, Ratner AJ, Nelson AL, Weiser JN | title=The Role of Innate Immune Responses in the Outcome of Interspecies Competition for Colonization of Mucosal Surfaces | journal=PLoS Pathog | year=2005 | pages=e1 | volume=1 | issue=1 | pmid=16201010 | doi=10.1371/journal.ppat.0010001 | pmc=1238736}} [http://pathogens.plosjournals.org/perlserv/?request=get-document&doi=#10.1371/journal.ppat.0010001 Full text]</ref>
 
== Notas ==