Diferenzas entre revisións de «Cistina»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
| Autoignition = }}
}}
A '''cistina'''<ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=35492]</ref> é un [[aminoácido]] [[dímero]] formado pola oxidación e unión de dous residuos do aminoácido [[cisteína]] por medio dun [[enlace disulfuro]] [[covalente]]. Este [[composto organosulfurado]] ten a fórmula (SCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H)<sub>2</sub> <ref>ChemSpider - Cystine [http://www.chemspider.com/575]</ref>. É un sólido branco, que funde a 247–249 &nbsp;°C. Foi descuberto en 1810 por [[William Hyde Wollaston]] pero non foi recoñecido como un derivado das [[proteína]]s ata que foi illado do corno da [[vaca]] en 1899.<ref>"cystine." Encyclopædia Britannica. 2007. Encyclopædia Britannica Online. 27 July 2007 [http://www.britannica.com/eb/article-9028437 www.britannica.com/eb/article-9028437/cystine]</ref> A [[cisteína]], orixinando cistina por medio da formación de enlaces ou pontes disulfuro nunha cadea proteica ou entre dúas cadeas proteicas, determina de forma significativa a [[estrutura terciaria das proteínas|estrutura terciaria]] da maioría das proteínas. A formación de pontes disulfuro, xunto coa formación de [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] e interaccións hidrofóbicas é parcialmente responsable da formación da matriz de [[glute]] do [[pan]]. O [[pelo]] humano contén aproximadamente un 5% de cistina na súa masa.<ref>{{Cita publicación|revista=Organic Synthesis | author = Gortner, R. A.; W. F. Hoffman, W. F. | title = l-Cystine | collvol = 1 | collvolpages = 194 | year = 1941 | prep = CV1P0194}}</ref>
 
== Propiedades ==
A cistina forma parte de moitas proteínas como a [[hormona]] [[insulina]] ou os [[anticorpo]]s, nos que as pontes disulfuro da cistina unen as distintas cadeas que forman a proteína ou establecen dominios estruturais dentro dunha mesma cadea. É menos frecuente en proteínas intracelulares ca nas que son segregadas fóra da célula. Nas queratinas, como as que forman o pelo, as cistinas son numerosas; nas queratinas máis duras, como as da cuncha da tartaruga, os residuos transversais de cistina son moi abondosos.
 
O enlace disulfuro da cistina é rapidamente reducido para dar o correspondente [[tiol]] [[cisteína]]. Esta reacción é normalmente realizada con tioles como o [[mercaptoetanol]] ou o [[ditiotreitol]].
:(SCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H)<sub>2</sub> + 2 [[Thiol|RSH]] 2 HSCH<sub>2</sub>CH(NH<sub>2</sub>)CO<sub>2</sub>H + RSSR
Por esta razón, os beneficios nutricionais e fontes de cistina son idénticos aos da máis común [[cisteína]], que é un dos 20 aminoácidos estándar das proteínas. Os enlaces disulfuro rompen máis rapidamente a maiores temperaturas.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica
| author = M.A. Aslaksena, O.H. Romarheima, T. Storebakkena and A. Skrede
| title = Evaluation of content and digestibility of disulfide bonds and free thiols in unextruded and extruded diets containing fish meal and soybean protein sources
| pages = 320–330
| date = 28 June 2006
| doi = 10.1016/j.anifeedsci.2005.11.008 }}</ref>
 
En presenza de oxíxeno a cisteína oxídase dando lugar a cistina.
{{Clear}}
 
== Cristais de cistina na urina ==
Os cristais de cistina teñen 6 lados. Poden atoparse na [[urina]] animal e humana examinada con [[microscopio óptico]]. A presenza de cristais de cistina adoita ser indicativo de defectos na reabsorción de aminoácidos nos riles. A [[cistinuria]] dáse tamén en moitas razas de cans.<ref>The Merck veterinary manual, Diagnostic Procedures for the Private Practice Laboratory. Captured online at merckvetmanual.com. March 2012.</ref> Nos humanos a presenza de cristais de cistina na urina (cistinuria) é indicativa de [[cistinose]], unha rara [[doenza xenética]].
 
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lantionina]], similar con enlace ''mono''-sulfuro
* [[Nó de cistina]], un dominio proteico estrutural
 
 
[[Categoría:Aminoácidos sulfurados]]
393.002

edicións