Porina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 3:
As '''porinas''' son [[proteína]]s con estrutura de [[barril beta]] que abranguen todo o grosor dunha membrana da célula e actúan como un poro a través do cal pode producirse a [[difusión pasiva]] de certas moléculas.<ref>B. K. Jap and P. J. Walian. Structure and functional mechanism of porins. APS. Phisiological Reviews. [http://physrev.physiology.org/content/76/4/1073.abstract]</ref><ref>MeshName - Porins [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Porins]</ref> A diferenza doutras proteínas de [[transporte de membrana]], as porinas son grandes dabondo como para permitir a difusión pasiva a través delas, é dicir, actúan como [[canal iónico|canais]] que son específicos para diferentes tipos de moléculas. Están presentes na membrana externa das [[bacteria]]s [[Gram negativa]]s e tamén nalgunhas [[Gram positiva]]s do grupo Mycolata ([[actinomicetes]] que conteñen [[ácido micólico]]), as [[mitocondria]]s, e os [[cloroplasto]]s.
 
A descuberta das porinas foi atribuída a Hiroshi Nikaido, ao que se lle deu o sobrenome de "o porinólogo".<ref name="pmid16321927">{{citeCita journalpublicación periódica | author = Klebba PE | title = The porinologist | journal = J. Bacteriol. | volume = 187 | issue = 24 | pages = 8232–6 | year = 2005 | month = December | pmid = 16321927 | pmc = 1317029 | doi = 10.1128/JB.187.24.8232-8236.2005 | url = }}</ref>
 
== Estrutura ==
As porinas están compostas por [[folla beta|cadeas β]], que están, en xeral, unidas por xiros beta no lado [[citoplasma|citoplásmico]] e por longos bucles de [[aminoácido]]s no outro. As cadeas β dispóñense de modo antiparalelo e forman un tubo cilíndrico, chamado [[barril beta|barril β]].<ref name="pmid9615433">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Schirmer T |title=General and specific porins from bacterial outer membranes |journal=J. Struct. Biol. |volume=121 |issue=2 |pages=101–9 |year=1998 |pmid=9615433 |doi=10.1006/jsbi.1997.3946 |url=}}</ref> A composición de aminoácidos das cadeas β das porinas é peculiar porque os residuos de aminoácidos polares e non polares son alternantes. Isto significa que os residuos non polares quedan mirando cara á fóra e interaccionan coa membrana lipídica non polar, mentres que os residuos polares están orientados cara á dentro mirando ao interior do barril beta para interaccionaren co canal acuoso.
 
O canal da porina está parcialmente bloqueado por un bucle (o ollo do poro), que se proxecta dentro da cavidade. En xeral, encóntrase entre as cadeas 5 e 6 de cada barril, e define o tamaño dos solutos que poden atravesar o canal. Está revestido case exclusivamente con aminoácidos cargados dispostos a cada lado do canal, creando un campo eléctrico transversal a través do poro. O ollo do poro ten un excedente local de cargas negativas por ter catro residuos de [[ácido glutámico]] e sete de [[ácido aspártico]] (xunto cun residuo de [[histidina]], dous de [[lisina]]s e tres de [[arxinina]]s, que non o compensan), e está parcialmente compensado coa unión de dous ións calcio, e pénsase que esta disposición asimétrica da molécula ten unha influencia na selección das moléculas que poden pasar a través do canal.<ref>Branden and Tooze, Introduction to Protein Structure, second edition</ref>
 
== Funcións celulares ==
Nas bacterias [[Gram negativa]]s, a membrana interna é a principal barreira de permeabilidade, mentres que a membrana externa contén porinas, que a fan moi permeable a moléculas de aproximadamente 1500 [[dalton (unidade)|daltons]].
As moléculas de tamaño medio ou cargadas que se deben transportar a través da membrana, móvense a través das porinas.
 
As porinas controlan tipicamente a difusión de pequenos metabolitos como [[glícido|azucreazucres]]s, [[ión]]s, e [[aminoácido]]s.
 
As porinas son quimicamente selectivas, xa que transportan só un grupo de compostos (por exemplo, carbohidratos<ref>EMBL-EBI. Carbohydrate-selective porin OprB (IPR007049)
[http://www.ebi.ac.uk/interpro/IEntry?ac=IPR007049]</ref>), ou mesmo poden ser específicas para un só composto<ref>Transporter classification database [http://tcdb.org/search/result.php?tc=1.B.25.2]</ref>. Os [[antibiótico]]s [[beta-lactámicos]] e a [[fluoroquinolona]] deben pasar a través das porinas para chegaren aos seus obxectivos nas bacterias Gram negativas<ref>Chloë E. James, Mathias Winterhalter, Jean-Marie Pagès. The porin and the permeating antibiotic: a selective diffusion barrier in Gram-negative bacteria. Journal: Nature Reviews Microbiology - NAT REV MICROBIOL , vol. 6, no. 12, pp. 893-903, 2008. [http://libra.msra.cn/Publication/37040745/the-porin-and-the-permeating-antibiotic-a-selective-diffusion-barrier-in-gram-negative-bacteria]</ref><ref>Jean-Marie Pagès, Chloë E. James & Mathias Winterhalter. The porin and the permeating antibiotic: a selective diffusion barrier in Gram-negative bacteria. Nature Reviews Microbiology 6, 893-903 (December 2008). doi:10.1038/nrmicro1994. [http://www.nature.com/nrmicro/journal/v6/n12/box/nrmicro1994_BX1.html]</ref>. As bacterias poden desenvolver resistencia a estes antibióticos por medio de [[mutación]]s no [[xene]] que codifica as porinas.
 
== Outras "porinas" ==
Hai outras proteínas que forman poros ou canais nas membranas que conteñen o nome ''porina'', pero que son completamente distintas. As [[nucleoporina]]s son proteínas que facilitan o transporte a través dos [[poro nuclear|poros nucleares]] da [[envoltura nuclear]] [[eucariota|eucariótica]], polo que son distintas das porinas de tipo bacteriano e clasifícanse á parte.
As [[acuaporina]]s son outrro tipo de proteínas que forman canais acuosos nas membranas das células, tamén totalmente diferentes ás bacterianas, cunha estrutura formada por [[hélice alfa|hélices alfa]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Canal aniónico dependente de voltaxe]]
* [[Acuaporina]]
* [[Gram negativa|Bacteria Gram negativa]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.biologie.uni-hamburg.de/lehre/bza/kanal/porin/eporin.htm Visión xeral] da Universidade de Hamburgo
* UMichOPM|families|superfamily|181 [http://opm.phar.umich.edu/families.php?superfamily=181] - Porina OmpG
* UMichOPM|families|superfamily|31 [http://opm.phar.umich.edu/families.php?superfamily=31] - Porinas triméricas
* UMichOPM|families|superfamily|32 [http://opm.phar.umich.edu/families.php?superfamily=32] - Porinas de azucres
 
 
[[Categoría:Proteínas]]