Glándula bulbouretral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 3:
As '''glándulas bulbourerais''' ou '''glándulas de Cowper''' (polo anatomista [[William Cowper (anatomista)|William Cowper]]), son dúas pequenas glándulas exócrinas do [[aparato reprodutor masculino]], que segregan un fluído lubricante. Son homólogas embrioloxicamente ás [[glándula de Bartholin|glándulas de Bartholin]] do [[aparato reprodutor feminino]].
 
== Localización ==
Están situadas na parte posterior lateral da porción membranosa da [[uretra]] na base do [[pene]], entre as dúas capas da fascia do [[diafragma uroxenital]], na [[bolsa perineal profunda]]. Están encerradas por fibras transversas do músculo [[esfínter]] uretral.
 
== Estrutura ==
As glándulas bulbouretrais son glándulas tubuloalveolares compostas, cada unha aproximadamente do tamaño dun [[chícharo]]. Están compostas por varios lóbulos unidos por unha cuberta fibrosa. Cada lóbulo consta de varios [[acino]]s, tapizados por un [[epitelio]] de células columnares, que se abren a un conduto que se une aos condutos dos outros lóbulos para formar un único conduto excretor de aproximadmente uns 2,5&nbsp;cm de longo, o cal atravesa a membrana perineal e desemboca na uretra (porción esponxosa) na base do pene. Entre os lóbulos hai tabiques de [[tecido conxuntivo]] de 1 a 3 mm de grosor con fibras elásticas e musculares. O epitelio secretor de células planas, cuboideas ou cilíndricas con núcleos basais, dependendo do estado funcional. O seu citoplasma contén pequenas pingas de [[secreción]] mucoide. Os condutos excretores teñen un epitelio pseudoestratificado pero tamén poden conter células secretoras e evaxinacións glandulares. <ref> D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 850. ISBN 84-7605-361-4.</ref> As glándulas diminúen gradualmente en tamaño conforme avanza a idade. Tañen cor castaña amarelada. <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxina 599. ISBN 84-7605-359-2.</ref> <ref>''[[Gray's Anatomy]]'', 38ª edn, p. 1861.</ref>
 
== Función ==
Durante a excitación sexual cada glándula produce unha secreción viscosa clara e salgada de aspecto mucoso denominada [[preexaculado]]. Este fluído axuda a lubricar a uretra para facilitar o paso dos espermatozoides, neutralizando os restos ácidos de [[urina]] que quedan na uretra, <ref>{{citeCita journalpublicación periódica | last = Chughtai | first = Bilal | coauthors = Ahmed Sawas, Rebecca L. O'Malley, Rohan R. Naik, S. Ali Khan, Srinivas Pentyala | year = 2005 | month = April | title = A Neglected Gland: A Review of Cowper's Gland | journal = International Journal of Andrology | volume = 28 | issue = 2 | pages = 74–7 | publisher = Blackwell Publishing | issn = 0105-6263 | doi = 10.1111/j.1365-2605.2005.00499.x | url = http://www3.interscience.wiley.com/journal/118692977/abstract | pmid = 15811067 }}</ref> e axuda a expulsar calquera resto de urina ou residuos. Este líquido pode recoller tamén o esperma dunha [[exaculación]] inmediatamente anterior, que aínda quedou no bulbo uretral, e arrastrano fóra xusto antes da seguinte exaculación. As glándulas de Cowper tamén producen certa cantidade de [[antíxeno prostático específico]] (PSA), e os tumores nas glándulas de Cowper poden incrementar o PSA a un nivel que pode facer sospeitar que se trata dun caso de cáncer de próstata. <ref>Medscape reference. Pathology of Cowper's Gland of the Prostate (ver Inmunohistochemistry). [http://emedicine.medscape.com/article/1742936-overview#a30]</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Próstata]]
* [[Vesícula seminal]]