Endoderme: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal |
|||
Liña 23:
A endoderme impide que a auga e os solutos disolvidos nela pasen a través da vía apoplástica. A auga pode só pasar a través da endoderme cruzando a membrana das células endodérmicas en dúas ocasións, unha para entrar e outra para saír. O fluxo de auga que se move dentro e fóra do [[xilema]], que forma parte do apoplasto, pode así ser regulado, xa que deben entrar no [[simplasto]] (polo [[citoplasma]] das células) na endoderme. A endoderme divide o apoplasto da raíz en dous compartimentos, o que é moi conveniente para o desprazamento selectivo de minerais e auga. Os ións presentes na solución do chan poden difundir libremente en todo o córtex, mais non poden atravesar a banda de Caspary. Para entraren no cilindro vascular, é dicir, á corrente [[transpiración vexetal|transpiratoria]], deben cruzar a membrana plasmática dunha célula endodérmica (simplasto), e así la planta controla os ións que pasan e os que non.
Na endoderme pode haber unhas células chamadas '''células de paso'''. Estas células endodérmicas, que son propias das raíces vellas, manteñen as súas paredes celulares finas e non suberizadas, polo que permiten o fluxo simplástico cara ao interior. As probas experimentais indican que as células de paso funcionan permitindo a transferencia de solutos como o calcio e o magnesio na [[estela (botánica)|estela]], para que finalmente chegan ao sistema de [[transpiración vexetal|transpiración]]. <ref name="Peterson 1996">{{
As células endodérmicas poden conter gránulos en forma de amiloplastos, que ademais de serviren de almacenamento de amidón, están implicados no [[gravitropismo]] nalgunhas plantas. <ref name="Morita">[http://www.plantcell.org/content/14/1/47.short Involvement of the Vacuoles of the Endodermis in the Early Process of Shoot Gravitropism in Arabidopsis], Miyo Terao Morita1, Takehide Kato1, Kiyoshi Nagafusaa, Chieko Saitoc, Takashi Uedac, Akihiko Nakanoc and Masao Tasaka, 2002. ''The Plant Cell'' 14:47-56</ref>
|