Epidídimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 50:
 
== Papel no almacenamento do esperma ==
Os [[espermatozoide]]s formados nos testículos entran na cabeza do epidídimo, avanzan ata o corpo, e chegan á rexión da cola, onde son almacenados. Os espermatozoides que chegan á cabeza do epidídimo non están totalmente maduros, xa que aínda non adquiriron a capacidade de nadar movendo o flaxelo ([[motilidade]]) e de poder [[fertilizar]] o [[óvulo]]. O epidídimo almacena o esperma durante 2-3 meses. Durante o seu tránsito polo epidídimo, os espermatozoides sofren un proceso de maduración, que é necesario para que adquiran estas dúas capacidades. <ref>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Jones R | title = To store or mature spermatozoa? The primary role of the epididymis | journal = Int J Androl | volume = 22 | issue = 2 | pages = 57–67 | year = 1999 | pmid = 10194636 | doi = 10.1046/j.1365-2605.1999.00151.x}} [http://www.ingentaconnect.com/search/expand?pub=infobike://bsc/ija/1999/00000022/00000002/art00151 abstract]</ref> A maduración final só se completa cando os espermatozoides chegan ao tracto reprodutor feminino (''[[capacitación]]'').
 
Durante a [[exaculación]], o esperma flúe desde a porción inferior do epidídimo, que funciona como depósito de almacenamento, sobe polo conduto deferente e mestúrase coas secrecións da [[próstata]] e [[vesícula seminal|vesículas seminais]], formando o seme. Non se moven utilizando o flaxelo, senón arrastrados polas contraccións peristálticas das capas musculares do [[conduto deferente]]. A motilidade dos espermatozoide é activada por produtos prostáticos.