Membrana basal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite news
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 4:
 
== Composición ==
A membrana basal está formada por dúas láminas: lámina basal e lámina reticular. <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Paulsson M |title=Basement membrane proteins: structure, assembly, and cellular interactions |journal=Crit. Rev. Biochem. Mol. Biol. |volume=27 |issue=1-2 |pages=93–127 |year=1992 |pmid=1309319 |doi=10.3109/10409239209082560 |url=http://www.crbmb.com/cgi/content/abstract/27/1/93}}</ref>
 
=== Lámina basal ===
Liña 11:
Á súa vez a lámina basal pode ser dividida en dúas capas: lúcida e densa.
* A capa clara próxima ao epitelio denomínase lámina lúcida ou lámina rara. A lámina lúcida está feita de [[laminina]], [[integrina]]s, [[entactina]]s, e [[distroglicano]]s. Ten uns 40-50 nm de grosor.
* A capa densa aos electróns próxima ao [[tecido conectivo]] é a lámina densa. A lámina densa está feita de fibras de coláxeno reticulares de tipo IV e perlecán (un [[proteoglicano]] rico en [[heparán sulfato]], <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Noonan DM, Fulle A, Valente P, ''et al.'' |title=The complete sequence of perlecan, a basement membrane heparan sulfate proteoglycan, reveals extensive similarity with laminin A chain, low density lipoprotein-receptor, and the neural cell adhesion molecule |journal=J. Biol. Chem. |volume=266 |issue=34 |pages=22939–47 |year=1991 |month=December |pmid=1744087 |url=http://www.jbc.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=1744087}}</ref> que cobre as fibras de coláxeno). Ten un grosor de 30–70 [[nanómetro]]s. Ademais do coláxeno, esta matriz de soporte contén compoñentes macromoleculares intrínsecos.
 
=== Lámina reticular ===
Liña 21:
A principal función da membrana basal é ancorar o [[epitelio]] ao frouxo tecido conectivo que está debaixo. Isto conséguese polas adhesións célula-[[matriz extracelular]] por medio de [[moléculas de adhesión ao substrato]] (SAMs).
 
As células tumorais atravesan as membranas basais dos epitelios e endotelios durante os diversos estadios do proceso [[metástase|metastático]]. A membrana basal actúa como unha barreira mecánica, que prevén que as células malignas tumorais invadan os tecidos internos. <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Liotta LA, Tryggvason K, Garbisa S, Hart I, Foltz CM, Shafie S |title=Metastatic potential correlates with enzymatic degradation of basement membrane collagen |journal=Nature |volume=284 |issue=5751 |pages=67–8 |year=1980 |month=March |pmid=6243750 |url=http://www.nature.com/nature/journal/v284/n5751/abs/284067a0.html |doi=10.1038/284067a0}}</ref> Nos estados iniciais dos tumores, estes quedan limitados á súa zona orixinaria pola acción da membrana basal e denomínanse carcinomas in situ.
 
A membrana basal é tamén esencial para a [[anxioxénese]] (desenvolvemento de novos vasos sanguíneos). As proteínas da membrana basal aceleran a diferenciación celular das células do [[endotelio]]. <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Kubota Y, Kleinman HK, Martin GR, Lawley TJ |title=Role of laminin and basement membrane in the morphological differentiation of human endothelial cells into capillary-like structures |journal=J. Cell Biol. |volume=107 |issue=4 |pages=1589–98 |year=1988 |month=October |pmid=3049626 |pmc=2115245 |url=http://www.jcb.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=3049626 |doi=10.1083/jcb.107.4.1589}}</ref>
 
Un dos exemplos máis notables de membrana basal é a membrana basal glomerular dos riles, que realiza a [[filtración glomerular]] nos [[nefrón]]s, formada pola fusión da lámina basal do [[endotelio]] dos capilares glomerulares e a lámina basal do epitelio da [[cápsula de Bowman]]. Outro exemplo salientable é a membrana basal formada entre os [[alvéolo pulmonar|alvéolos pulmonares]] e os capilares pulmonares, formada pola fusión das láminas basais de ambos, e a través da cal ten lugar a difusión do O<sub>2</sub> e do CO<sub>2</sub> durante a respiración. Outras membranas basais importantes son a membrana basilar (na [[cóclea]] dos oídos), membrana de Descemet (na [[córnea]] do ollo) e membrana de Bruch (na [[coroide]] do ollo).