Diferenzas entre revisións de «Traquea (vertebrados)»

m
Bot: Cambio o modelo: Cite news; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Cite news; cambios estética)
Nos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s a '''traquea''' (do grego ''tracheia artería'', "áspero tubo ou canle" <ref>Enciclopedia Galega Universal. Tomo 16. Páxina 143. ISBN 84-7680-583-7</ref>) é o tubo [[cartilaxe|cartilaxinoso]] e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a [[larinxe]] ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. Está reforzada por aneis cartilaxinosos e tapizada por [[epitelio]] ciliado.
 
== A traquea humana ==
A '''traquea''' humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16 cm de lonxitude e uns 25 mm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior da cartilaxe [[cricoide]] da [[larinxe]] a nivel da sexta vértebra cervical, descende por diante do [[esófago]], que a separa da [[columna vertebral]], e remata bifurcándose nos dous bronquios principais a nivel da 5ª vértebra torácica, pero os movementos respiratorios poden facela subir ou baixar ata dúas vértebras. Na zona do pescozo está cuberta por parte da fascia cervical profunda, polos músculos [[esternohioideo]] e [[esternotiroideo]] e a [[tiroide]]. Na súa zona final onde se empezan a bifurcar os bronquios, a traquea contacta co caxato da [[aorta]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 538-539. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
 
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os extremos dos aneis incompletos e contráese ao [[tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de [[moco]], que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epiglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.
 
=== Histoloxía ===
A parte interna da traquea está revestida por un epitelio ciliado cilíndrico pseudoestratificado. Este epitelio contén células ciliadas cun bordo de ''[[microvilli]]'' do que sobresaen os [[cilio]]s. Entre elas hai [[célula caliciforme|células caliciformes]] produtoras de ''[[mucus]]''. Entre as bases das células cilíndricas hai células basais piramidais.<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 741-742. ISBN 84-7605-361-4 </ref>
 
Na parte externa están os aneis cartilaxinosos incompletos de cartilaxe hialina. Están separados uns doutros por tecido conxuntivo fibroelástico. Na zona posterior onde os aneis son incompletos hai [[músculo liso]]. Por último, por fóra dos aneis cartilaxinosos hai unha capa de tecido conxuntivo denso con moitas fibras elásticas.
 
== Patoloxías da traquea ==
En persoas doentes ou accidentadas, a vía natural da [[Respiración pulmonar|respiración]] que constitúe a traquea pode sufrir danos e mesmo obstruírse.
 
* [[Síndrome de Mounier-Kuhn]] (causa o alongamento anormal da traquea).
 
=== Transplante ===
En 2008, foille transplantada a traquea a unha muller en Barcelona utilizando unha traquea de cadáver á que lle foron eliminadas as células e substituídas por células derivadas de [[célula nai|células nais]] da paciente para evitar o rechazo. <ref>{{citeCita newsnovas| url=http://www.cnn.com/2008/HEALTH/12/26/year.review.health/index.html | work=CNN | title=The top health stories of 2008 - CNN.com | date=2008-12-26 | accessdate=2010-05-27}}</ref> En 2011, un equipo de cirurxiáns liderados polo profesor Paolo Macchiarini do hospital da Universidade Karolinska realizaron o primeiro transplante dunha traquea sintética a un home de 36 anos. <ref>{{citeCita newsnovas| url=http://www.bbc.co.uk/news/health-14047670 | date=2011-07-07 | accessdate=2011-07-07 | work=BBC News | title=Surgeons carry out first synthetic windpipe transplant}}</ref><ref>[http://www.karolinska.se/en/OM/press-nyheter/nyhetslista/First-Successful-Transplantation-of-a-Synthetic-Tissue-Engineered-Windpipe-/ First Successful Transplantation of a Synthetic Tissue Engineered Windpipe]. Karolinska University Hospital website, retrieved 8/7/2011.</ref>
 
== A traquea noutros vertebrados terrestres ==
A traquea noutros [[mamífero]]s é similar á humana. En xeral, a traquea dos réptiles é tamén bastante similar. <ref name=VB>{{cita libro |autor=Romer, Alfred Sherwood, Parsons, Thomas S.|ano=1977 |título=The Vertebrate Body |editor=Holt-Saunders International |lugar= Philadelphia, PA|páxinas= 336–337|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
393.002

edicións