Da terra asoballada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cordal (conversa | contribucións)
Cordal (conversa | contribucións)
Liña 32:
Sobre o debatido "modernismo" de CABANILLAS cómpre decir que o arrecadamento, desde o inicio da súa obra, de tics estilísticos de raizame modernista non pasa dun circunstanciado culto á moda (...) CABANILLAS non tiña por que beber no modernismo... o seu coñecemento das escolas idealistas de Europa.}}</ref>. O tema xeral da obra é o compromiso agrarísta e patriótico. Proclama a hostilidade ao [[caciquismo]] e aos restos feudais na sociedade rural galega, abalando entre as circias consignas e a actitude didáctica, sempre baixo a ética do chamamento á nación.
 
En '''''Da terra asoballada''''' Cabanillas traslada ao formato lírico os sinais historicistas que se constituirán, desde [[Manuel Murguía|Murguía]] ata o grupo [[Grupo Nós|Nós]], en alicerce do imaxinario do [[galeguismo]]: [[celtismo]] filoirlandés, [[lusitanismo]] ao modo pondaliano ou, resistencia do Reino medieval fronte á asimilación por parte de Castela. É Cabanillas cando escribe esta obra, coma os seus futuros compañeiros da xeración Nós, un poeta para o que a idea de redención, o catolicismo rural e a identidade galega conforman unha rede significativa que fundamenta a rebelión presente e futura; a oposición labrego/fidalgo dos primeiros textos agraristas transfórmase agora<ref name=":0" /> en dialéctica entre Galicia (suxeito colectivo natural/ aldea traballadora) e a opresora Castela/ España (administración artificial/ vila burocrática<ref name=":1" />).
 
Foi esta obra a que elevou ao clímax a consideración de Cabanillas<ref name=":1" /> como poeta-bandeira das [[Irmandades da Fala]], do agrarismo e, por extensión ("poeta da raza"), o grande portavoz cívico do pobo galego, herdeiro de [[Eduardo Pondal|Pondal]] e de [[Manuel Curros Enríquez|Curros]].