Anxo González Guerra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3562354 de Ogalego.gal (conversa)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Estudou no [[Seminario de Lugo]] e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Desde 1980 deu clase no [[IES Sánchez Cantón]] de [[Pontevedra]], converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa [[Universidade de Vigo]] como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.
 
No 2004 gañou canda a [[Rosario Sánchez-Gabriel]] e [[Marián Costa]] o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da [[Xunta de Galicia]]. En 2013 gañou xunto a [[Esperanza Gesteira]] e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Educación, Cultura e Deporte]]. Xubilouse da docencia en abril de 2015.
 
Colaborou na redacción do ''Dicionario da Lingua Galega-[[Isaac Alonso Estravís]]'' (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a [[Vitoria Ogando Valcárcel]] a web ''ogalego.eu''.