Diferenzas entre revisións de «Microscopio de forza atómica»

==== Modo dinámico ====
Nos '''modos dinámicos''' faise vibrar a micropanca á súa frecuencia de resonancia valéndose para iso do actuador piezoeléctrico. A interacción punta-superficie modifica a amplitude, frecuencia e fase da resonancia, mentres o lazo de realimentación mantén constante algunha destas tres propiedades. A propiedade que se vai manter é o criterio que determina o modo concreto de operación:
* No '''Modomodo de non contacto ou de frecuencia modulada''' (FM-AFM) (figura b) mantense constante a [[frecuencia de resonancia]]. A principal aplicación do FM-AFM é obter topografías de superficies duras a escala atómica e operando no baleiro extremo ou UHV (do inglés ''Ultra High Vacuum'').
* No '''Modomodo de repeniqueo''' ("tapping mode") '''ou de amplitude modulada''' (AM-AFM) (figura c) mantense constante a [[amplitude]]. Utilízase principalmente en medio líquido para obter imaxes de mostras biolóxicas que só son estables en solucións acuosas.
 
Orixinalmente o uso do modo de non contacto implicaba que a punta se encontraba sempre a distancia constante da superficie, mentres que no modo de repeniqueo a punta batía intermitentemente contra a superficie. Posteriormente, demostrouse que ambos os modos poden ser operados tanto a distancia da mostra coma en contacto con ela.
194.387

edicións