Batalla dos Campos de Pelennor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 25:
== A batalla ==
=== Desenvolvemento da batalla ===
O exército de [[orco (Terra Media)|orcos]]s de [[Sauron]], comprendido por uns 45 000 efectivos, comandado polo [[Rei Bruxo de Angmar]] e [[Gothmog (orco)|Gothmog]], o rexente de [[Minas Morgul]], irrompeu nos [[Campos de Pelennor]] directo á cidade. Os aliados de [[Mordor]] na batalla eran os guerreiros orientais de [[Rhûn]] e [[Khand]] e os [[Haradrim]] do sur. A defensa da Cidade estaba comandada por [[Gandalf]], xa que [[Denethor II]], senescal da cidade, volvérase tolo ó crer morto ó seu fillo [[Faramir]] e polas visións que lle amosaba o señor escuro a través da [[palantír]].
 
[[Aragorn]] e a compañía gris únense ós exércitos de [[Gondor]] que estaban nos feudos do sur para emprender o camiño cara a [[Minas Tirith]] remontando o [[Anduin]]. Mentres tanto, os exércitos do señor escuro Sauron lograban destruír o portón principal da cidade nun duro enfrontamento coas tropas gondorianas resgardadas tralos muros. Xusto despois da caída do portón chegaron os [[Rohirrim]] no medio do son dos seus cornos de batalla, cabalgando dende o norte para apoiar ós homes de Gondor. Despregáronse nunha liña de cabalería que cargou contra os orcos de Mordor, matando a moitos no choque, e facendo fuxir a moitos outros.