Diferenzas entre revisións de «Difteria»

(creo a partir de fontes)
 
 
==Etioloxía==
A causa da difteria é o bacilo grampositivo ''[[Corynebacterium diphtheriae]]''. Trátase dun axente inmóvil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas. Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas de elas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.
 
==Epidemioloxía==
A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.
 
O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe [[vacina]] contra a difteria, a cal está presente no [[calendario vacinal galego]] do [[Servizo Galego de Saúde]], é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.
 
==Notas==
4.511

edicións