Duns Scoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m arranxo cita libro
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 19:
A teoría do principio de individuación oculta un claro resto de [[platonismo]], e non é máis que un seudo-problema. Trátase dun problema falso, que está presente tano en [[Aristóteles]] como en [[Avicena]] e [[Averroes]], moi influídos polo platonismo, porque supón que a verdade máis profunda é a do universal e que a continuación hai que preguntarse como o universal se converte en particular.
 
Se o problema é falso, as respostas tamén o son, con maior motivo. Para Scoto, nin a materia -esencialmente indeterminada- nin a forma -indiferente á individualidade e á universalidade-, ao ser común por natureza a todos os entes da mesma especie -e, polo conseguinte, tampouco o composto de ambos, pode ser causa das características e das diferenzas individuais. A realidade última, segundo Scoto, explica a individualidade, é dicir, a súa perfección, grazas á cal unha realidade ''haec est'', é esta e non outra. De aquí procede o término ''haecceitas'', que manifestan aquela formalidade ou perfección pola cal todo ente é aqueloaquilo que é e se distingue de todos os demais.
 
Neste contexto hai que situar a exaltación da persoa humana. En efecto, neste acto a individualización -definida como rexeitamento da división- é personalizada ou subxectiva, en polémica co [[averroísmo]], cuxa teoría do intelecto único atacaba o seu trazo máis peculiar. Cualificada de maneira suxerente como ''ultima solitudo'', a persoa é ''ab alio'', pode ser ''cum alio'', pero non ''in alio''. Pode comunicar, condicionar e ser condicionado, pero non perder o seu ser en si. O ente persoal é un universal concreto, porque na súa unicidade non forma parte dun todo, senón que é un todo no todo: ''imperium in imperio''. Particular e universal coinciden no concepto, determinado en grao sumo, de persoa. O home, cada home, non é unha determinación do universal na medida en que é unha realidade singular no tempo e irrepetible na historia, é de feito supremo e orixinario, porque está destinado, grazas á mediación de Cristo, ao diálogo co Deus da escritura.