Fonoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Lingüística}}
A '''fonoloxía''' (ás veces chamada co innecesario [[anglicismo]] '''fonémica''') é a disciplina da [[Lingüística]] que estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema lingüísticoslingüístico; estuda os [[fonema]]s como unidades sonoras mínimas capaces de diferenciaren significados. A fonoloxía persegue o coñecemento e determinación dos sons puramente funcionais nas distintas linguas.
 
Tanto a fonoloxía como a [[Fonética]] teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[lingua]], do [[sistema]], da [[forma]]. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. As unidades da fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]].