Miguel Ángel Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
==Traxectoria==
Fillo de galegos de [[Xunqueira de Espadanedo]], licenciouse en Económicas na [[Universidade do País Vasco]]. En [[1995]] afiliouse a [[Novas Xeracións do Partido Popular|Nuevas Generaciones]], as mocidades do [[Partido Popular]]. Nas [[Eleccións municipais 1995 en España|eleccións municipais]] dese ano presentouse nas listas do seu partido no concello de Ermua, e saíu elixido concelleiro.
 
Blanco foi secuestrado por [[ETA]] ás catro da tarde do xoves [[10 de xullo]] de [[1997]]. A pesar das diversas manifestacións que se produciron en [[España]] para pedir a súa liberación, a tarde do sábado [[12 de xullo]], dous días despois, apareceu nun monte con dúas feridas por arma de fogo na cabeza. Faleceu horas despois, na madrugada do 13 de xullo.