Diferenciación celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 67:
 
===== Grupo de proteínas Trithorax (TrxG) =====
Alternativamente, despois de recibiren sinais de diferenciación, as proteínas PcG recrútanse nos promotores de factores de transcrición de pluripotencia. As células nais embrionais deficientes en PcG poden empezar a diferenciarse pero non poden manter o fenotipo diferenciado.<ref name="Christophersen"/> Simultaneamente, os xenes que promocionan a diferenciación e desenvolvemento son activados polos reguladores da cromatina do grupo Trithorax (TrxG) e perden a súa represión.<ref name="Christophersen"/><ref name = "Guenther"/> As proteínas TrxG son recrutadas en rexións con alta actividade transcricional, nas que catalizan a trimetilación da histona H3 na lisina 4 (H3K4me3) e promoven a activación de xenes por medio da [[acetilación]] de histonas.<ref name = "Guenther"/> As PcG e os complexos TrxG establecen unha competición directa e crese que son funcionalmente antagonistas, creando en [[loci]] que promoven o desenvolvemento e diferenciación, o que se denomina “dominio bivalente” e fan que estes xenes sensibles sufran unha rápida indución ou represión.<ref name = "Meissner">{{cite journal |pmid=20944600 |doi=10.1038/nbt.1684 |author=Meissner A |title=Epigenetic modifications in pluripotent and differentiated cells |journal=Nat Biotechnol |year= 2010 |volume=28 |issue=10 |pages=1079–88}}</ref>
 
===== Metilación do ADN =====