Joaquín Maquieira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Na súa farmacia tiña o enderezo postal a loxa «Helenes nº 7». Na rebotica reuníase o chamado «[[Club Karepas»]], un parladoiro que conformaban Castelao, Losada Diéguez, Sánchez Cantón, Blanco Porto, Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos, Claudio Losada, Vicente Barreiro e Gamallo. Foi presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Foi membro da Xunta Directiva fundacional do Centro Republicano de Pontevedra (4 de marzo de 1930). Foi un dos asinantes do manifesto fundacional da [[Federación Republicana Gallega]] en Lestrove, en marzo de 1930. Membro da Comisión Xestora da [[Deputación de Pontevedra]], en xaneiro de 1933 foi designado para formar parte do Comité de Propaganda do Estatuto de Autonomía, e o 31 de maio dese ano foi elixido Presidente da Deputación. Integrouse en [[Izquierda Republicana]] e foi elixido membro do Consello provincial de Pontevedra en xaneiro de 1936. Logo da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], foi detido e estivo preso un tempo no campo de concentración da Illa de San Simón. Posto en liberdade, conseguiu marchar a [[Montevideo]]. Cando o barco «Arxentina» no que viaxaba Castelao chegou a Montevideo en 1940, acudiu a recibilo con varios membros da colonia galega. Faleceu na capital uruguaia.
 
{{Start box}}