Carapucha 5': Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
A exportación nuclear do ARN está regulada polo [[complexo de unión á carapucha]] (''cap binbing complex'', CBC), que se une exclusivamente aos ARN con carapucha. O CBC é recoñecido despois polo complexo dos [[poro nuclear|poros nucleares]] e exportado. Unha vez no [[citoplasma]] despois da primeira rolda de tradución do ARNm, o CBC é substituído polos [[factor de transcrición|factores de transcrición]] [[eIF-4E]] e [[eIF-4G]]. Este complexo é despois recoñecido pola outra maquinaria de iniciación da tradución incluído o [[ribosoma]].<ref name=Kapp2004>{{cita publicación | last1 = Kapp | first1 = L.D. | last2 = Lorsch | first2 = J.R. | year = 2004 | title = The Molecular Mechanics of Eukaryotic Translation | journal = Annual Review of Biochemistry | volume = 73 | issue = 1 | pages = 657–704 | doi = 10.1146/annurev.biochem.73.030403.080419 | url = http://www.ebc.ee/loengud/valgu_biosyntees_2007/Supplement_Eukaryotic_translation.pdf | pmid = 15189156}}</ref>
 
A carapucha 5' impide a degradación do ARN de dúas maneiras. En primeiro lugar, como se mencionou antes, impídese a degradación do ARNm polas exonucleases 5′ porque funcionalmente o extremo 5' con carapucha semella un extremo 3'. En segundo lugar, o complexo CBC e o factor eIF-4E/eIF-4G bloquean o acceso á carapucha dos encimas que eliminan a carapucha (''decapping''). Isto incrementa a [[semivida (medicina)|vida media]] do ARNm, esencial nos eucariotas, xa que o proceso de exportación leva bastante tempo.
 
A eliminación da carapucha dun ARNm está catalizada por un complexo formado por polo menos Dcp1 e Dcp2, o cal debe competir con eIF-4E para unirse á carapucha. Así, a carapucha 5' é un marcador dos ARNm en activa tradución e as células utilízano para regular as vidas medias dos ARNm en resposta a novos estímulos. Os ARNm non desexables envíanse aos [[corpo P|corpos P]] para o seu almacenamento temporal ou para a eliminación da carapucha, proceso do que non se coñecen os detalles.<ref name=Parker2007>{{cita publicación | last1 = Parker | first1 = R. | last2 = Sheth | first2 = U. | year = 2007 | title = P Bodies and the Control of mRNA Translation and Degradation | journal = Molecular Cell | volume = 25 | issue = 5 | pages = 635–646 | doi = 10.1016/j.molcel.2007.02.011 | url = http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1097276507001116 | format = w | pmid = 17349952}}</ref>