Paco Buyo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo mentras por mentres ou namentres
Liña 69:
Nos seus comezos no [[Ural Club de Fútbol|Ural CF]], Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo [[Betanzos CF]], onde permaneceu ata a súa fichaxe polo [[Real Club Deportivo Mallorca|Mallorca]]. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o [[Deportivo de La Coruña]], que entón xogaba na [[segunda división española|Segunda División]], e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos [[Xogos Olímpicos de 1980]] de [[Moscova]].
 
Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó [[Sociedad Deportiva Huesca|Huesca]] mentrasmentres realizaba o servizo militar en [[Jaca]]. Na tempada 1980–81 deu o salto á [[primeira división española|Primeira División]], fichando polo [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla]], e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con [[España]], defendendo os colores da [[Selección de fútbol de España|selección]] no histórico partido España-Malta que daría o pase á escadra vermella para a [[Eurocopa]] de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.
 
A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]], que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou a plantilla merengue e colgou as botas.