Bilbo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo mentras por mentres ou namentres
Liña 20:
Polo camiño, Bilbo e os seus compañeiros son perseguidos polos Orcos, rescatados polas grandes aguias, axexados e capturados polas Grandes Arañas e tras ser liberados grazas a Bilbo, os Ananos son pechados nos alxubes do Rei dos Elfos do Bosque (que non era outro que [[Thranduil]], o pai de [[Legolas]], como se saberá por [[O Señor dos Aneis]]). Grazas ó enxeño de Bilbo, logran fuxir e chegar finalmente á Cidade do Lago.
 
Desde aí encamíñanse á [[Montaña Solitaria]], onde Bilbo invisible grazas ó Anel, entra na sala onde Smaug durmía sobre un enorme tesouro. A través das conversas que mantivo co dragón, Bilbo comprobou que tiña un punto débil no peito e mentrasnamentres llo contaba ós compañeiros ananos, isto escoitouno un vello zorzal, que llo comunicou a [[Bardo (Terra Media)|Bardo]] o arqueiro e o vello [[Smaug]] é finalmente abatido pola frecha negra.
 
Unha vez derrotado o dragón, Thorin proclámase Rei Baixo a Montaña, pero os Homes e os Elfos queren obter parte do tesouro que gardaba Smaug, atopándose ca rotunda negativa de Thorin. Bilbo intenta mediar, e entrega a Pedra da Arca a Bardo. Porén, un grande exército de orcos atácaos, dando lugar á que foi coñecida como a [[Batalla dos Cinco Exércitos]], na que tamén participou [[Beorn]], que os axudara no camiño. Thorin morre despois da Batalla, e Dáin faise cargo do reino dos Ananos de [[Erebor]].